Skip to Content

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar 2022

 

Estimadas familias;

 

O prazo de presentación de solicitudes é do 19 de maio ao 22 de xuño de 2022.

  • A solicitude pódese cumprimentar:
    • De xeito manual, recollendo modelo na secretaría do centro ou na páxina web da Consellería.
    • Na Aplicación Fondolibros, xerando así un número de solicitude e realizando a presentación ben na sede electrónica da Xunta de Galicia, ben de xeito presencial no centro.
  • solicitude será única para todos os fillos e fillas admitidos no mesmo centro para o curso 2022-2023 e servirá para:

1. SOLICITAR AXUDAS PARA A ADQUSICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

Alumnado pertencente a familias con renda per cápita igual ou inferior a 6.000€.

2. SOLICITAR AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS

Alumnado de 1º, 2º de Primaria.

3. PARTICIPAR NO BANCO DE LIBROS DE 3º a 6º EP

  • Para ser beneficiario do banco de libros é condición indispensable ter devolto os libros de texto e/ou material reutilizable adquiridos coas axudas do curso 2021/2022así como os libros emprestados no curso 2021-2022, agás o alumnado de 1º e 2º de EP que non terá que realizar a devolución.

 

 

 

Podedes consultar toda a información que aparece recollida na páxina de Conselleria de Educación

http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros



page | by Dr. Radut