Skip to Content

Fin da recomendación do uso da mascarilla no patio.

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a recomendación do uso de máscaras nos patios dos centros educativos.

O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola covid-19, vén de acordar na súa xuntanza de onte, deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade

 

Isto significa que, a partir do luns 21 de marzo, o alumnado non terá que usar mascarilla nos patios do colexio.

Lembramos que é importante que cada alumno e alumna conte cun recipiente (estoxo, sobre, bolsa,...) no que gardar a súa máscara nestes tempos de lecer, para evitar que esta se manche. 

De momento, o alumnado a partir de 6 anos, deberá seguir levando a mascarilla na aula. 

Agradecemos a colobaración de tódalas familias.

AdxuntoTamaño
fin_de_recomendacion_de_mascaras_nos_patios_.pdf54.31 KB


page | by Dr. Radut