CONCURSO TEATRO RADIOFÓNICO
Xa coñecemos os gañadores e gañadoras do concurso de teatro radiofónico realizado o curso 2015-2016 e as alumnas e alumnos de 5ºA foron premiados!!!!!
Segundo a acta do xurado do I Premio de teatro radiofónico escolar, organizado polo SNL e a Radio Municipal de Redondela, os grupos premiados son os seguintes:
-
Premio á mellor dramatización radiofónica:
“Todo é un conto”, do CEIP Santo Paio de Abaixo
“Os vellos non deben de namorarse” (fragmento da Escena VII), do IES Pedro Floriani
-
Premio á mellor calidade lingüística:
“A aula de Tócame Roque”, do CPR Plurilingüe Vigo
“Os vellos non deben de namorarse” (dúas últimas escenas do 1º lance), do IES Mendiño
O premio consistente nunha visita guiada ao museo Meirande e a posterior viaxe en barco con visita guiada á Illa de San Simón.
PARABÉNS AOS PREMIADOS/AS!!!!!!!!