Skip to Content

blogue desecretaria

Letras Galegas 2020

RICARDO CARVALHO CALERO

LETRAS GALEGAS 2020

 En cada un dos apartados atoparedes a ligazón para visualizar ese material.

  1. PARA LER.
  2. MUSICADO.
  3. PARA VER E ESCOITAR.
  4. PARA XOGAR COS PERSONAXES DO CONTO.

Plan Madruga

No centro contamos co servizo PLAN MADRUGA de 7:30 a 8:45 horas.

CONCURSO TEATRO RADIOFÓNICO

Xa coñecemos os gañadores e gañadoras do concurso de teatro radiofónico realizado o curso 2015-2016 e as alumnas e alumnos de 5ºA foron premiados!!!!!

Segundo a acta do xurado do I Premio de teatro radiofónico escolar, organizado polo SNL e a Radio Municipal de Redondela, os grupos premiados son os seguintes:

  • Premio á mellor dramatización radiofónica:

    Todo é un conto”, do CEIP Santo Paio de Abaixo

    Os vellos non deben de namorarse” (fragmento da Escena VII), do IES Pedro Floriani

  • Premio á mellor calidade lingüística:

    A aula de Tócame Roque”, do CPR Plurilingüe Vigo

    Os vellos non deben de namorarse” (dúas últimas escenas do 1º lance), do IES Mendiño

Día da Paz 2016

Fixemos un mural coas mans das paz e unha tarxeta onde cada neno e nena escribiu unha mensaxe de cariño. Despois, recitamos un poema e, como colofón final, cantamos a canción de Älvaro Soler "el mismo sol". Nas partes instrumentais da canción aproveitamos para intercambiar cos compañeitos e compañeiras as tarxetas e darnos unha aperta.

Premios do Concurso da Reboraina 2016

 AQUÍ VOS DEIXAMOS OS GAÑADOR@S DESTE ANO! NORABOA A TOD@S!!!

CATEGORÍA A

1º PREMIO “A EXCURSIÓN” ALBA ROZA SANTOS (4ºB)
1º ACCÉSIT “OS PODERES DA NATUREZA” MARÍA FARO COUÑAGO (5ºA)
2º ACCÉSIT “MISTERIO NO MUSEO" LAURA VILLAR OTERO (4ºB)
3º ACCÉSIT “A ENSALADA DIVERTIDA” SOFÍA CRESPO CABALEIRO (6ºA)
4º ACCÉSIT “EXILIADOS” DIEGO LAGO COUÑAGO (6ºB)

 

 

CATEGORÍA B

1º PREMIO: "A DERRADEIRA CARTA" ANDREA GONZÁLEZ ÁLVAREZ (2º ESO) IES MENDIÑO
2º PREMIO: “CONTARCHE" VERÓNICA PERALTA VALENTE (2º ESO) IES MENDIÑO
3º PREMIO: “O QUE NOS TOCA VIVIR” ADRIÁN MATILDE GONZÁLEZ (2º ESO) IES MENDIÑO

 


 

GAÑADORA DO DEBUXO DO CARTEL DA REBORAINA: ANTÍA BARRIO CABALEIRO (4º A)

GAÑADORA DO LEMA DO CARTEL DA REBORAINA: MAR VARELA SOLIÑO (6ºB)

Concurso para o cartel e lema da Reboraina

 

        UN ANO MÁIS ESTÁ AQUÍ O CONCURSO DE NARRATIVA EN GALEGO DA REBORAINA. PODEN PARTICIPAR OS NENOS/AS DO CENTRO E O ALUMNADO DE TODOS OS IES DO CONCELLO DE REDONDELA.

 

            DENDE O CEIP SANTO PAIO DE ABAIXO, ANIMÁMOSVOS A PARTICIPAR!!!!!!

 

            PARA ANUNCIAR O COMEZO DESTE CONCURSO, ESCOLLEMOS UN CARTEL E LEMA DE ENTRE TODOS OS TRABALLOS ENTREGADOS. AQUÍ TEDES OS CARTEIS FINALISTAS E O GAÑADOR.

 

OBRADOIRO DOBRAXE NA ESCOLA

O curso pasado, o alumnado de 2º, 3º e 4º de primaria participaron nunha actividade con Manuel Pombal e Suso Pando, onde dobraron as voces dos persoaxes dun capítulo editado da serie de debuxos animados de Bob Esponxa. Aos nenos e nenas gustáralles moito a experiencia e agora xa vos podemos mostrar o resultado final.

 

Festival de Inverno 2015

Este ano démoslle unha volta ao festival que facemos nesta época, e decidimos que estaría aberto a outros temas relacionados co inverno, e non só ás panxoliñas típicas do Nadal. Aquí vos deixamos uns anaquiños das actuacións dos nenos e nenas de Reboreda.

Nadal 2015

BO NADAL

A comunidade educativa do CEIP  “Santo Paio de Abaixo”

deséxalles un Bo Nadal e un Feliz Aninovo.

Reboreda, decembro 2015

 

 

 

Magosto 2015

Xa chegou de novo a celebración do magosto no cole de Reboreda. Gozamos moitísimo comendo castañas e xogando a xogos populares. Sen esquecernos das rosquillas que nos agasalla a ANPA e que están moi ricas!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut