Actividades Samaín 2014
Un ano máis, fixemos diferentes obradoiros interciclos polo Samaín. Os Xirasoles, os Coquiños e os nenos e nenas de segundo estivemos inmersos nunha chea de actividades. Unha delas foi o baleirado de cabazas. Aquí vos deixamos unha mostra de todo o que traballamos.
Ademais, os nenos e nenas de segundo agasalláronnos cunha representación teatral chamada "o baile do castelo".
As nenas e os nenos de educación infantil divertíronse moito co obradoiro que nos propuxo a mamá de Mauro (Coquiños). Contounos un conto dunha araña e fixemos arañas para decorar o corredor.
Despois de todos estes días cheos de actividades de Samaín, nos reunimos para queimar todos os medos que temos. Para conseguir que desaparezan, visitounos un bruxo.