Publicase a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.
O prazo de solicitude vai do 20 de maio ao 19 de xuño.
Para a entrega das solicitudes deberase pedir cita previa chamando aos teléfonos do centro:
886 110 662 e 886 110 663