Skip to Content

Novas

Novo caso de Covid detectado no centro

 Estimadas familias,

 Comunicámosvos que se confirmou un novo caso da Covid-19 no centro.

Neste caso, e seguindo as instrucións recibidas, non se identificaron contactos estreitos, polo que non é preciso que ningún alumno ou alumna permaneza na casa en corentena. 

Grazas pola vosa colaboración.

 

Grazas

A dirección e claustro do CEIP Plurilíngüe Reboreda quere dar as grazas ás nais e pais que asistiron o pasado martes, 23 de marzo, á XORNADA DE PORTAS ABERTAS.

Agradecervos a confianza depositada no noso colexio para que, nun futuro próximo, vós e as vosas fillas e fillos, formedes parte da nosa comunidade educativa.

Un saúdo

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN

No mes de marzo comeza o PERIODO DE ADMISIÓN  para o vindeiro curso 2021-2022

 

SOLICITUDES DE ADMISIÓN

PRÓXIMA APERTURA DO:  1 DE MARZO AO 22 DE MARZO

 

Para acudir, é necesario concertar cita previa nos nosos teléfonos: 886 110 662 e 886 110 663.

Podedes atopar a información no seguinte enlace: 

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2020-2021

Estimadas familias;

Adxuntamos o cartel das xornadas de portas abertas do noso centro. 

Para todas aquelas familias interesadas en coñecer de xeito presencial o centro poderán facelo baixo cita previa chamando os teléfonos do centro 886110662 -886110663, ou enviando un correo eléctronico o centro: ceip.reboreda@edu.xunta.es   ASUNTO: CITA PREVIA PORTAS ABERTAS 

Data:  23 febreiro

Horario :  16:00 a 19.00 horas

Casos de Covid detectados no centro

 Estimadas familias,

 Comunicámosvos que se confirmaron dous casos da Covid-19 no centro.

 Os contactos estreitos, xa identificados, deben permanecer na casa en corentena, e en breve serán contactados por un rastrexador, debendo seguir as instrucións recibidas. 

 

ENTREGA DA SEGUNDA MÁSCARA PARA ALUMNADO SELECCIONADO NO PROCEDEMENTO DA ORDE DO 6 DE NOVEMBRO 2020

Estimadas familias;

O centro xa recibiu o segundo pedido de máscaras.

A partires de mañá xoves día  17 de decembro e ata o luns día 21 de decembro podedes pasar polo centro a recoller a segunda máscara concedida no procedemento de distribución de máscaras segundo a Orde do 6 de novembro de 2020

 

ENTREGA DA SEGUNDA MÁSCARA PARA ALUMNADO SELECCIONADO NO PROCEDEMENTO DA ORDE DO 6 DE NOVEMBRO 2020

Estimadas familias;

O centro xa recibiu o segundo pedido de máscaras.

A partires de mañá xoves día  17 de decembro e ata o luns día 21 de decembro podedes pasar polo centro a recoller a segunda máscara concedida no procedemento de distribución de máscaras segundo a Orde do 6 de novembro de 2020

 

Procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria

Iniciase o procedemento para a distrubución de máscaras para o alumnado de primaria matriculado no centro.

O prazo de presentación será dende o 13 de novembro ata o 27 de novembro do mesmo mes.

Os beneficiarios de axuda de material escolar non será necesario que presenten a solicitude.

 

Estas axudas están reguladas na ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.

Información sobre o Coronavirus

    O Servizo Galego de Saúde pídennos que compartamos coa comunidade educativa a seguinte información e recursos sobre o Coronavirus. 

    • A páxina web: coronavirus.sergas.gal, na que atoparemos información actualizada.
    • Nesa web, no aportado Información Covid para Centros Educativos non Universitarios, atoparemos os protocolos actualizados da Xunta de Galicia, xunto con vídeos formativos.
    • O protocolo de vixilancia e control epidemiolóxico frente ao virus SARS-Cov-2 no ámbito educativo non universitario de Galicia, que está adxunto a esta publicación.

 Esperamos que esta información sexa de utilidade.

Aviso do Concello de Reboreda.

O concello de Redondela vai facer cambios con respecto ao acceso ao colexio:

Os motivos para estes cambios son:

  • Establecer sentido ÚNICO descendente para reducir o tráfico de vehículos, permitindo só o acceso no horario acordado para o transporte escolar, e pais, nais, titores ou familiares que acudan ao centro a deixar ou recoller aos cativos.
  • Pechar temporalmente o acceso dende a ESTRADA PAZOS DE BORBÉN, quedando nese treito de tempo habilitado accesos alternos ven para acceder ao colexio (dende a Estrada de Ventosela pola estación do Ave ou ben polo Camiño da Carambola)
  • Desvío provisional do tráfico de vehículos particulares non destinados ao servizo escolar procedentes do camiño carambola cara a rúa Eidos.

Con todo o previsto, redúcese o tráfico de vehículos na zona no treito de tempo acordado, e mellórase a seguridade dos cativos ou peóns que transiten polo acceso ao colexio, como subida e baixada do bus escolar.

Distribuir contido


by Dr. Radut