Skip to Content

Novas

Programa "Dixítalízate con Nós"

O obxectivo xeral do programa “Dixitalízate con Nós” é o de cubrir as necesidades de subministro de liña de internet e material informático (ordenadores, táblets, etc.) durante todo o ano 2021 a menores de Galicia cando as súas familias se atopen en situación de risco de exclusión social, por carencia e/ou limitación de recursos económicos.

  • Cobertura de Fibra/ADSL - Menores de 6 a 18 anos.
  • Entrega de ordenadores e material informático - Menores 13 a 18 anos.
  • Entrega de tablets - Menores de 6 a 12 anos.

Para máis información, clicade na imaxe: 

Protocolo COVID da biblioteca

Boletín informativo Curso 21-22


Podedes descargar o boletín premendo no arquivo adxunto.

AXUDAS DE COMEDOR E EDUCACIÓN INFANTIL 2021-2022 CONCELLO DE REDONDELA

O Concello de Redondela abre o prazo mañá día 24 de xullo para presentar as axudas de comedor  do curso 2021-2022 ata o 23 de agosto.

Por outra banda, está aberto o prazo para solicitar axudas para libros e material.

O alumnado ao que vai destinado e o alumando de 2º ciclo de Educación Infantil (3-5 anos).

O prazo para presentar as solicitudes e do 24 de xullo ata 10 de agosto  de 2021

 

Ligazóns Concello de Redondela:

 

http://redondela.gal/gl/subvencions

 

adxuntos:

bases das convocatorias

PROTOCOLO COVID-19 PARA O CURSO 2021-2022

 

Bo día familias; 

O día 6 de xullo saíu o novo protocolo Covid-19 para o vindeiro curso2021-2022. Adxuntamos o pdf ao final da páxina

 

Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2021-2022 aprobado no Comité Clínico do 06 de xullo de 2021 para dar resposta ás medidas e particularidades establecidas na Orde Comunicada da ministra de sanidade, de 4 de xuño de 2021, mediante a que se aproba, en coordinación coa conferencia sectorial de educación, a declaración de actuacións coordinadas en saúde Pública fronte á Covid-19 para centros educativos durante o curso 2021-2022 que entrarán en vigor unha vez remate o curso escolar 2020-2021.

LISTAXE PROVISIONAL FONDO DE LIBROS

Bo día familias;

 

Hoxe publícanse as listaxes provisionais do fondo libros no taboleiro do centro. 

O prazo de reclamación será os días 2 e 5 de xullo. 

O día 6 de xullo publicaranse as listaxes definitivas.   

A entrega dos vales de libros de 1º e 2º de primaria e os vales de material escolar de 1ºa 6º primaria será o 6 e 7 de xullo no horario  de secretaria de 10:00 a 13:00.

 

DEBERÁ VIR A RECOLLER O VALE A PERSOA SOLICITANTE , NO SEU DEFECTO PRECISARASE AUTORIZACIÓN POR ESCRITO DA PERSOA SOLICITANTE E FOTOCOPIA DO DNI DO SOLICTANTE E DA PERSOA AUTORIZADA.

 

UN SAÚDO

O equipo

FONDO SOLIDARIO/AXUDAS PARA A COMPRA DE LIBROS DE TEXTO

 

FONDO SOLIDARIO/AXUDAS PARA A COMPRA DE LIBROS DE TEXTO

ORDE do 6 de maio de 2021 (DOG 20 maio de 2021)

         CÓDIGO DE PROCEDEMENTO:ED330B              

 

Esta convocatoria ten por obxecto integrar as diversas modalidades de gratuidade solidaria dos libros de texto da EDUCACIÓN PRIMARIA:

  • participación no fondo solidario de libros de texto en 3º, 4º
  • axudas para adquirir libros de texto en 1º e 2º  
  • axudas para adquirir material escolar 1º,2º.3º,4º,5º e 6º

 

Prazo presentación solicitudes : desde o 21 de maio ata o 22 de xuño 2021


Para máis información ver arquivo adxunto

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS DE ALUMNADO ADMISIÓN 2020/2021

As listaxes poderán consultarse da seguinte forma:

 

PRESENCIAL: única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. 

NON PRESENCIAL: única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a CHAVE365 ou certificado dixidal da Fábrica Nacional da Monea e Timbre. 

Vía telefónica : 886110662

LISTAXE PROVISIONAL DO PROCESO DE ADMISIÓN 2021-2022

Todas as solicitudes presentadas no proceso de admisión 2021-2022 foron admitidas.

 

As listaxes poderán consultarse da seguinte forma:

 

PRESENCIAL: única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. 

NON PRESENCIAL: única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a CHAVE365 ou certificado dixidal da Fábrica Nacional da Monea e Timbre. 

Vía telefónica : 886110662

 

Contrato Programa

A Resolución do 7 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, regula os contratos-programa e establece as bases para a convocatoria e selección de plans dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes públicos de educación infantil, primaria e secundaria dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para o curso 2019/20.

Distribuir contido


by Dr. Radut