Skip to Content

Actividades e conmemoracións

Día dos Maios 2015

Este ano, volvemos celebrar na escola unha das tradicións máis populares do folclore da zona, “Os Maios”. Despois de ensaiar as coplas que fixemos, cantámolas ao redor do maio. 

 

No ficheiro adxunto podedes ler as coplas que fixeron os diferentes cursos...

 

Premios do Concurso da Reboraina 2015

AQUÍ VOS DEIXAMOS OS GAÑADOR@S DESTE ANO! NORABOA A TOD@S!!!

CATEGORÍA A
1º PREMIO “O TESOURO DOS TRASNOS” HUGO BASTERO GONZÁLEZ (5ºB)
1º ACCÉSIT “A VIAXE IMAXINARIA” DIEGO MUÍÑOS MÍGUEZ (6ºB)
2º ACCÉSIT “O COLAR DE OURO" ANDREA OTERO PIEDRAS (3ºA)
3º ACCÉSIT “OS RECORDOS DO COLEXIO DA MIÑA AVOA” PAULA DA SILVA CABALEIRO (4ºA)
4º ACCÉSIT “O MEU CARBALLO CHANTO” PEDRO OTERO DARRIBA (5ºB)

CATEGORÍA B
1º PREMIO: "CARAPUCHIÑA VERMELLA" SARA TELLADO CASTELLANO (3º ESO) IES MENDIÑO
2º PREMIO: “VOLTAR" CLAUDIA KAULBACK AMOEDO (2º ESO B) IES MENDIÑO
3º PREMIO: “O HALO DE LUZ” CLAUDIA RAMOS RUBIO (3º ESO A) IES ILLA SAN SIMÓN

 


 

GAÑADOR DO DEBUXO DO CARTEL DA REBORAINA: ANA DE LA IGLESIA GONZÁLEZ  (6º A)

GAÑADOR DO LEMA DO CARTEL DA REBORAINA: VALENTINA FERNÁNDEZ SUÁREZ (3ºA)

Día da árbore 2015

Un ano máis celebramos o Día da Árbore xunto coas Comunidades de Montes e a ANPA do centro. Este ano tocounos ir a Ventosela. 

 

Concurso para o cartel da Reboraina

        UN ANO MÁIS ESTÁ AQUÍ O CONCURSO DE NARRATIVA EN GALEGO DA REBORAINA. PODEN PARTICIPAR OS NENOS/AS DO CENTRO E O ALUMNADO DE TODOS OS IES DO CONCELLO DE REDONDELA.

            DENDE O CEIP SANTO PAIO DE ABAIXO, ANIMÁMOSVOS A PARTICIPAR!!!!!!

            PARA ANUNCIAR O COMEZO DESTE CONCURSO, ESCOLLEMOS UN CARTEL E LEMA DE ENTRE TODOS OS TRABALLOS ENTREGADOS. AQUÍ TEDES OS CARTEIS FINALISTAS E O GAÑADOR.

 

NO ADXUNTO DEIXÁMOSVOS O CARTEL E AS BASES...

Resultado de imagen de flecha para abajo

Entroido 2015

O venres 13 de febreiro celebramos o entroido no cole. Foi un desfile cheo de arte. Ademais a ANPA trouxo orellas que comemos encantados/as.

 Aquí podedes ver que ben o pasamos!

 

Festival de Panxoliñas 2014

Aquí vos deixamos as panxoliñas que os rapaces e rapazas do cole de Reboreda interpretaron no festival de nadal.

 

 

E os mestres e mestras cantamos a panxoliña "É o Nadal".

Día da Paz 2015

O VENRES 30 CELEBRAMOS NO COLE O DÍA DA PAZ.

Fixemos un mural cun corazón grande onde cada neno e nena pegaba un corazón que tiña escrito un mensaxe de cariño para alguén que quixeran moito. Despois, dous nenos ou nenas de cada clase subían ó escenario a recitar un poema e, como colofón final, cantamos a canción de María Fumaça "eu teño alguén...".

 

Nadal 2014

 

BO NADAL

A comunidade educativa do CEIP  “Santo Paio de Abaixo”

deséxalles un Bo Nadal e un Feliz Aninovo.

 

       Reboreda, decembro 2014

                                                              

 

Concurso da mascota de Dinamización da Lingua Galega

Xa temos ós finalistas do concurso da mascota para Dinamización da Lingua Galega.

Moitas gracias a todos e todas por participar!!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut