Skip to Content

Novas

Adaptación da Concreción Curricular.

Clicando na imaxe podedes descargar a Adaptación da Concreción Curricular. 

Bacharelato de Artes Plásticas, Imaxe e Deseño no IES Pedro Floriani

IES Floriani

 

Compartimos a noticia publicada na web do IES Pedro Floriani.  

 

A Consellería ven de confirmar a implantación do Bacharelato de Artes Plásticas, Imaxe e Deseño, no noso centro escolar.  

Impartirase no mesmo horario que o resto dos bacharelatos.

Todo o alumnado que así o desexe, poderá solicitar praza para este bacharelato neste prazo aberto de xeito extraordinario. 

 

Auméntanse así as opcións que terán os nosos estudantes cando, dentro duns anos, teñan que escoller o bacharelato a estudar.

Xornada sobre Escolas Saudables

A Federación de ANPAS de Redondela organiza xunto con Ecoloxistas en Acción unha xornada sobre escolas saudables.

 
Cartel Escolas Saudables

Presentación da Asociación CUIDADELA

Dende a asociación CUIDADELA píndennos que difundamos a información sobre o seu acto de presentación. 

CUIDADELA

LISTAXES PROVISIONAIS ADMISIÓN 2022-2023

Todas as familias que fixeron a reserva- admisión para o vindeiro curso 2022-2023 están admitidas .

 Podedes consultar dita información (listaxes provisionais) nos taboleiros do centro. 

As listaxes definitivas sairán o 13 de maio. 

 

 

 

Uso das mascarillas no colexio

 

Actualización de xoves, 21 de abril de 2022:

Hoxe xoves, 21 de abril de 2022, a Consellería de Sanidade publicou o documento de Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo na Comunidade Autónoma de Galicia, no que se indica o seguinte:

Resumo uso da máscara

OBRIGATORIO

  • Transporte escolar (salvo excepcións recollidas no apartado 3.1)

RECOMENDADO

  • Persoal traballador do centro educativo.
  • Alumnado do centro educativo.
  • Casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos de casos.

 

Book Cover Challenge!

Con motivo da celebración do Día internacional do libro, o vindeiro 23 de abril, querémosvos propoñer un reto:

recrear unha portada

dun libro infantil ou xuvenil, dun álbum ilustrado,...

Como? Fotografando unha simulación do que se mostra na mesma. Poden aparecer persoas (os propios nenos e nenas  por exemplo), obxectos, mascotas, etc.

Como unha imaxe vale máis que mil palabras deixámosvos a continuación algúns exemplos da actividade.

Buscade unha bonita portada entre os vosos contos e animádevos a participar.

É moi divertido e ademáis... terá premio!!!

Casos de Covid detectados no centro

 Estimadas familias,

 Comunicámosvos que, neste momento, hai seis casos confirmados da Covid-19 no centro.

As familias con fillos ou fillas na contorna específica destes casos xa foron notificadas mediante unha mensaxe a través de Abalar

Fin da recomendación do uso da mascarilla no patio.

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a recomendación do uso de máscaras nos patios dos centros educativos.

O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola covid-19, vén de acordar na súa xuntanza de onte, deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade

 

Exitosa recollida de material para Ucraína

Todo o equipo do Ceip Plurilingüe Reboreda quere agradecer a todas e cada unha das familias o apoio recibido en contra desta inxusta causa como é a guerra contra Ucrania.

Sen vós non sería posible .

 Moitas  grazas!!

Distribuir contido


by Dr. Radut