Skip to Content

PRAZAS VACANTES PARA O CURSO 2023-2024

Estimadas familias;

Adxuntamos no seguinte arquivo pdf as prazas vacantes para o vindeiro curso 2023-2024

CONMEMORACIÓN DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz. Nesta ocasión, entre outras actividades, realizamos unha serie de xogos cooperativos todo alumnado e mestres do centro, e o visionado dun video gravado previamente polo alumnado, baixo o tema musical a "Vida é Bela".

 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2022

Estimadas familias;

Xa temos data para a XORNADA DE PORTAS ABERTAS para o novo alumnado do curso 2023-2024.

 

Data é o 24 de febrerio en horario de mañá ás 10:30 horas.   (VER ARQUIVO ADXUNTO)

 

Se algunha familia interesada non puidese acudir a esta xornada, pode concertar unha cita nos teléfonos do centro  886110662-63 ou no correo electrónico ceip.reboreda @edu.xunta.gal e recibirémolos gratamente.

 

O equipo

VENRES DE OBRADOIROS

Xa estamos de volta este segundo trimestre con novos obradoiros.

Comezamos co obradoiro que leva por título Pensamento Creativo, onde os alumnas e alumnos do centro ensínannos que a través de diferentes materiais e usando a creatividade pódense crear grandes cousas

XESTIÓN DE SOLICITUDES DE RESERVA PARA CENTROS ADSCRITOS PRAZO ABERTO DO 16 DE XANEIRO AO 6 FEBREIRO

ESTIMADAS FAMILIAS;

ACHEGAMOS TODA A INFORMACIÓN PARA A SOLICITUDES DE RESERVA PARA CENTROS ADSCRITOS DE EDUCACIÓN INFANTIL, PRIMARIA E EDUCACIÓN SECUNDARIA OBLIGATORIA.

TODAS A INFORMACIÓN PODEDES ATOPALA NO SEGUINTE ADXUNTO PDF

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 

Desde o equipo de biblioteca do centro, queremos deixarvos unha recomendacións lectoras para estas vacacións e desexarvos unhas Felices Festas

VER ADXUNTO

 

https://view.genial.ly/63a0e498beb20c0012fff0e6/interactive-content-a-arbore-dos-desexos

NOVA INFORMACIÓN PLAN MADRUGA

ESTIMADAS FAMILIAS;

ADXUNTAMOS A NOVA INFORMACIÓN SOBRE O PLAN MADRUGA QUE NOS ENVÍA O ANPA BOLBORETA.

 

 

FIN DOS OBRADOIROS DESTE TRIMESTRE

Case terminando o trimestre, rematamos cos primeiros obradoiros que tanto gustaron ao noso alumnado Hoxe, deixamos mostra de varios obradoiros; creación de pulseiras, construcións e obradoiro das emocións.

No vindeiro trimestre, novos obradoiros!!

 

OBRADOIRO CREACIÓN DE MARCAPÁXINAS

Un venres máis gozamos da hora máis divertida para o alumnado, esta vez estivemos creando marcapáxinas. Para os máis pequenos, creamos un palomitero no que traballamos moito a motricidade fina, mentres que os maiores fixeron diferentes tipos de marcapáxinas con papiroflexia.

Un obradoiro moi divertido.

 

OBRADOIRO CONCIENCIA E EXPRESIÓN CORPORAL

Un venres máis os alumnos e alumnas do centro gozaron dun novo taller no que a través de diferentes estilos musicais expresan e toman conciencia do seu corpo e do que senten ao escoitar esas melodías.

Distribuir contido


by Dr. Radut