O venres 30 de abril, celebramos no cole a festa do Maio.
Os nenos e nenas trouxeron da casa fiuncho, pampullos, ovos, laranxas... que coseron con moito agarimo para crear un fermoso e colorido maio.
Tamén prepararon as súas coplas, que cantaron mentras bailaban arredor do maio.
Aquí deixámosvos unha pequena mostra da nosa celebración, xa que neste curso tan extraño non podemos contar coa presenza das familias nestas celebracións.
Este curso atípico, non puidemos celebralo todos xuntos, polo que fixemos uns vídeos para achegar aos nosos compañeir@s, familias e a toda a comunidade educativa. Non se nos ocorreu mellor maneira que a música para darlle voz a este día tan especial!
Podedes velos todos no blog da biblioteca, clicando na seguinte imaxe:
Un ano máis e coma ven sendo habitual nos últimos anos, enviamos as suxerencias lectoras elaboradas polo equipo da biblioteca para este nadal. Ide ao enlace para acceder as mesmas, se premedes en cada portada tedes máis información: