O xoves 28 e o venres 29 de outubro celebramos no colexio o magosto e o Samaín.
Xoves asamos as castañas que trouxeron os nenos e nenas de infantil e os primeiros cursos de primaria, coa leña que trouxo o alumnado de quinto e sexto.
O profe Guillermo veu de visita, e xunto co profe Esteban prepararon unhas castañas moi saborosas, que comemos nos distintos patios.
Venres, viñemos disfrazados para celebrar o Samaín, a antiga celebración celta que está na orixe do actual Halloween.