Skip to Content

blogue desecretaria

Festival de Panxoliñas 2014

Aquí vos deixamos as panxoliñas que os rapaces e rapazas do cole de Reboreda interpretaron no festival de nadal.

 

 

E os mestres e mestras cantamos a panxoliña "É o Nadal".

Dobraxe na escola

O alumnado de 2º, 3º e 4º de primaria participaron nesta actividade. Manuel Pombal e Suso Pando fixeron un obradoiro no que explicaron o proceso de creación dunha historia para a televisión e de como se fai a dobraxe para que se poida ver nos diferentes países. Logo, a partires dun capítulo editado da serie de debuxos animados de Bob Esponxa, fixeron unha proba de dobraxe a cada neno e nena e gravaron as voces a varios deles, vendo o resultado final. Os nenos e nenas quedaron entusiasmados e gustoulles moito a experiencia.

Día da Paz 2015

O VENRES 30 CELEBRAMOS NO COLE O DÍA DA PAZ.

Fixemos un mural cun corazón grande onde cada neno e nena pegaba un corazón que tiña escrito un mensaxe de cariño para alguén que quixeran moito. Despois, dous nenos ou nenas de cada clase subían ó escenario a recitar un poema e, como colofón final, cantamos a canción de María Fumaça "eu teño alguén...".

 

PEPE

 

Xa temos mascota en Dinamización da Lingua Galega!

Pepe é o nome dun mexilón que resultou o gañador do concurso que fixemos no cole para atopar unha mascota. Paula Virulegio Amoedo (6ºA) foi a creadora deste personaxe que nos vai acompañar ó longo de cada curso en diversas actividades que fomenten o uso do galego.

Parabéns para Paula e moitas grazas a todos os alumnos e alumnas que participaron!

Nadal 2014

 

BO NADAL

A comunidade educativa do CEIP  “Santo Paio de Abaixo”

deséxalles un Bo Nadal e un Feliz Aninovo.

 

       Reboreda, decembro 2014

                                                              

 

Servizo de comedor

O centro conta con servizo de COMEDOR ESCOLAR

O horario de comedor é de 13:45 a 16:00 horas.

Teléfono do comedor para incidencias: 617 99 47 89

 

ANPA

CORREO: anpabolboreta@gmail.com

TELÉFONO: 617 99 47 89

 

Distribuir contido


by Dr. Radut