Levamos unhas semanas descubrindo ao autor ao que se lle dedican as Letras Galegas neste ano. E desde o EDLG animamos ao alumnado a que visionase os carteis-xogo onde podían coñecer máis sobre a vida de Francisco Fernández del Riego. Só tiñan que resolver os xogos e cubrir os seus datos para poder participar no sorteo dunha chea de premios. E así o fixeron masivamente. Pero, claro, só podía haber un fato de premiados e premiadas.
Ademais disto, o alumnado de 6º de EP preparou a representación dun conto (O cataventos) de M. Victoria Moreno para ir contarllelo ás aulas de EI e do 1º ciclo. Lembrando así o que fixeramos no colexio hai 5 anos por estas datas. Mira que preparadas e preparados ían.
Grupos de nenas e nenos dos máis maiores do cole acudiron ás clases das pequeniñas e pequeniños para exercer de contacontos. Cracks da representación!
E, claro, a rapazada máis noviña da escola estaba encantada vendo a don Pío.