FROITAS ARREPIANTES
Sabedes o dito de: A letra con sangue entra?
Pois non, comprobado empiricamente.
Despois das investigacións feitas nestas semanas na clase... Podemos afirmar que a letra, con chocolate entra!
Todos querían formar as súas primeiras e frutíferas palabras. Sen dúbida o chocolate motiva moito.
Aproveitamos as froitas de tempada para transformalas en arrepiantes cabazas, Frankenstein e pantasmas, xogamos cas súas letras, as sílabas, e as comemos, por suposto.
Animádevos a probar na casa, é moi sinxelo.