Skip to Content

Chans do Carrasco, s/n - RANDUFE - 36713 -Tui (Pontevedra)           Teléfonos de contacto: 886 110 808886 110 809              Correo electrónico: ceip.randufe@edu.xunta.gal

  

 

 

 

            
      

                                                                                                   

4º PRIMARIA

La gran mentira de Vladimir

Os rapaces e rapazas de Proxecto Competencial prepararon un libro dixital colaborativo onde conta o a importancia da honestidade e a resolución de conflictos.

Esperamos que vos guste!

 

O valor da Convivencia

As rapazas e os rapaces de Valores de 4º B traballaron o valor da Convivencia durante o mes de xaneiro. Tanto o noso proxecto CO-CO coma a celebración do Día da Paz, recórdannos canto de importante é unha convivencia pacífica en calquera ámbito. Tamén na escola. Este proxecto recolle as súas conclusión sobre o que é necesario para isto.

 

Saída a Vigo: visita ao Castro e as salinas

O alumnado de cuarto de Primaria estivo aprendendo dos poboados prerromanos e a Romanización así que tivemos a oportunidade de descubrilo por nós mesmos.

                                          Mirade que ben o pasamos!

 

Obradoiro de cociña: SUSHI ESPECIAL RANDUFE

Non tedes moita fame?

Os estudantes de 3ºB vanvos contar como preparar unha receita deliciosa que podedes facer vos mesmos na casa. Seguide os pasos e ... A PAPAR!

 

video 3º e 4º

O xardín infinito

Esta semana tivemos o privilexio de contar coa visita da mestra composteira do Concello de Tui que ensinounos como facer un xardín infinito. Que non sabedes o que é? Pois é un xardín pechado nun tarro de olivas que, grazas a fotosíntese e a respiración das plantas, pode continuar o seu ciclo vital ata o infinito.

Que pasada!

Bailando! A nosa primeira curtametraxe

Antes das vacacións, os estudantes de 4º de Primaria estiveron experimentando por primeira vez coa animación dixital. Inspirados en Keith Haring, e  a súa singular figura humana e  movemento, creamos as nosas pequenas personaxes, Aquí tedes a estrea da nosa mini curtametraxe da que aprendemos moito para seguir mellorando.

Bailando!

 

Orellas de Bolboreta

Os rapaces de 4º que cursan Valores  queren presentarvos o libro "Orellas de bolboreta" onde aprendemos sobre o respecto e as diferenzas. Esperamos que vos guste a nosa interpretación!

 

Un conto compartido: "La niña que nunca cometía errores"

Aínda que non podemos facelo en persoa, os rapaces de Valores de cuarto de Primaria, queríamos compartir un conto cos nosos compañeiros de Sexto de Infantil. Somos compañeiros radiofónicos! 

Aquí vos deixamos un libro que nos ensinou a que errar ensinanos moito e ... ademais é divertido!

 

 

Igualdade

O día 8 de marzo celébrase o día da Igualdade mais, este valor débese poñer en alza cada día e a cada momento. Os rapaces que cursan Valores Cívicos na aula de cuarto queren mostrarvos a súa visión cuns carteis moi creativos para a nosa escola.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut