MATRÍCULA 2010-2011
(Proceso regulado polo Decreto 30/2007 do 15-03/07 e a Orde do 17/03/07 e correcións no DOG 04/04/07)
DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA O ALUMNADO DE NOVO INGRESO
Entregar coa solicitude de admisión
- Fotocopia do libro de familia (só a páxina do nen@) ou DNI do alumno/a.
Entregar antes do 20 de abril:
- Certificado de empadroamento do nen@ (para puntuar por domicilio familiar) ou Certificado de empresa e copia contrato laboral (para puntuar por lugar de traballo).
- Alta censal da Axencia Estatal Tributaria e Alta na Tesourería Xeral da Seguridade Social (só para autónomos).
- Informe médico.
- Fotocopia da cartilla de vacinas.
- Fotocopia da tarxeta da Seguridade Social ou seguro médico.
- 2 fotos tamaño carnet.
- Certificado de escolaridade (só para alumnos que veñen doutro centro).
PRAZOS DE MATRÍCULA
- Solicitude de admisión de novos alumnos: do 1 de marzo ao 13 de abril (a secretaría está pechada do 1 ao 13 de abril).
- Presentación da documentación para baremación: do 1 ao 20 de abril.
- Publicación de listaxes provisionais de admitidos: 27 de abril.
- Reclamacións ás listaxes provisionais: 27, 28 e 29 de abrli.
- Resolución das reclamacións: 30 de abril.
- Listaxes definitivas de admitidos: 12 de maio.