Chans do Carrasco, s/n - RANDUFE - 36713 -Tui (Pontevedra) Teléfonos de contacto: 886 110 808 e 886 110 809 Correo electrónico: ceip.randufe@edu.xunta.gal
20 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA
O 20 de novembro celebrouse un ano máis o Día Internacional dos Dereitos da Infancia.
Pero como todos sabemos, hai moitos países nos que tanto os dereitos dos/as nenos/as como os dos adultos NON SON RESPECTADOS.
Por este motivo, familias enteiras vense na obriga de marcharen dos seus respectivos países e vivir noutros como refuxiados.
Este é o caso de dous alumnos afgáns que acaban de chegar ao noso centro e que elaboraron este bonito mural coa colaboración do alumnado de 4º B, coa intención de lembrarnos a todos/as, en galego, castelán e persa, que os Dereitos da Infancia DEBERÍAN DE SER RESPECTADOS EN TODO O MUNDO.