Xa que a paz é un tema que temos que ter presente todos os días, no cole levamos varias semanas traballando, lendo, reflexionando e deixando unha pegada moi visual para que o teñamos sempre presente.
Ao mesmo tempo que reflexionamos sobre como encaramos os nosos conflitos e como podemos aprender a resolvelos, tamén nos achegamos a lecturas que nos axudan nesta tarefa, seleccionadas para esta ocasión e ubicadas no recanto de entrada do cole.
Despois, entre familias e profesorado prepararon a base do mural, pintando no muro do pavillón, para que nós puideramos deixar a nosa pegada escribindo palabras ou facendo debuxos alusivos á paz.