Chans do Carrasco, s/n - RANDUFE - 36713 -Tui (Pontevedra) Teléfonos de contacto: 886 110 808 e 886 110 809 Correo electrónico: ceip.randufe@edu.xunta.gal
Eventos
NOTA INFORMATIVA
O vindeiro mércores 30 de outubro celebraremos o Magosto na escola ( se o tempo o permite).
Solicítase, de xeito voluntario, traer unha presada de castañas xa picadas, un pouco de leña miúda (ou pico, piñas,…). A partir do martes 29. Avisaremos no Abalar Mobil.
Como estamos en datas próximas ao Samaín, levarase a cabo un obradoiro de maquillaxe (se algún neno ou nena é alérxic@ ás pinturas faciais, comuníqueo ao titor ou titora do seu fill@)
Haberá tamén unha exposición de cabazas decoradas.
De xeito voluntario os nenos e nenas, farán unha manualidade en familia decorando unha cabaza (empregando distintos materiais e incluso con castañas) que poderán traer dende o luns 28 ao mércores 30. As cabazas deberán traer o nome do neno ou nena e o mércores 30 deben levala para casa.
A exposición será na entrada do colexio e todos os país/nais poderán vela en calquer momento que se acheguen ao centro.
Nestes datas organizamos a xa tradicional exposición e concurso de cabazas.
Cada ano quedamos abraiados pola capacidade imaxinativa das familias do noso alumnado que, ano a ano, participa coa mesma ilusión axudando na creación destas verdadeiras obras de arte.
Tódalas cabazas chamaron moito a nosa atención. Foron estas.
A semana pasada festexamos o Samaín no cole. Á tradicional exposición das cabazas decoradas engadímoslle este ano un obradoiro de maquillaxe e actividades de escuridade na biblioteca durante as sesións de recreo. Foron unhas sesións moi arrepiantes, pero sobre todo… moi divertidas!!