Proxecto TERRA

Visita de Abraham Cupeiro

Tivemos unha visita especial, a de Abraham Cupeiro, unha persoa que recupera instrumentos perdidos no tempo e utilizalos para crear novas sonoridades e incluso empregalos na interpretación de músicas alleas a eles. Aquí podedes escoitar a entrevista que lle fixeron as reporteiras de radio garabullo.

http://bibliotecaadevesa.blogspot.com/2022/11/as-reporteiras-de-radio-garabullo-con.html

Presentando "Coidando Bandeira"

O interese do noso centro, o CEIP Ramón de Valenzuela, por coidar o medio ambiente e involucrar ó alumnado no coidado dos ecosistemas naturais, foi o que nos levou a embarcarnos no Proxecto “COIDANDO BANDEIRA”. Con este proxecto pretendemos desenvolver o obxectivo de abordar a necesidade de respectar a nosa paisaxe coma un factor básico para comprender que debemos coidala e protexela, poñendo en valor as características propias da paisaxe galega. Consideramos que o Programa Terra do Plan Proxecta ofrécenos a oportunidade de realizar este Proxecto, aprendendo a coidar o medio ambiente e a desenvolver os valores e competencias clave na etapa Infantil e Primaria no Ceip Ramón de Valenzuela, sempre en cordinación cos diferentes equipos do centro e colaborando nos distintos programas (Voz Natura, Radio na biblio, bibliotecas creativas, digicraft, etc).

Powered by Drupal - Design by artinet