Proxecto TERRA

En Maio, Ponte a Xogar!!

Esta actividade propuxoa o programa de radio Ponte nas ondas, e o noso alumnado de 4º empezou a retomar os xogos tradicionais, e co paso dos dias foronse sumando nenos de outras clases.

http://bibliotecaadevesa.blogspot.com/2023/06/en-maio-ponte-xogar.html

Celebramos o día contra o acoso escolar

O alumnado de 3º creou o recuncho riquiño, un espazo do cole para relaxarse, desafogarse, charlar, divertirse... Entre todo o cole estaremos atentos a se algún compañeiro ou compañeira acode ao lugar e precisa axuda.

 

http://bibliotecaadevesa.blogspot.com/2023/05/dia-internacional-contra-o-acoso-escolar.html

http://bibliotecaadevesa.blogspot.com/2023/06/recuncho-riquino.html

A festa das nosas letras

O alumnado de 4º fixo un enorme traballo sobre a biografia do autor homanexeado nas letras este ano (Francisco Fernandez del Riego), con el participamos no concurso Podcast na biblio e amosomolo o resto de aulas no noso festival.

http://bibliotecaadevesa.blogspot.com/2023/05/concurso-francisco-fernandez-del-riego.html

No festival, participaron todas as aulas con distintas cantigas.

http://bibliotecaadevesa.blogspot.com/2023/05/festival-letras-galegas-2023.html

Participación no Concurso de debuxo infantil da muralla de Lugo

O alumnado de 5º elaborou uns fermosos traballos para participar neste concurso, que nos permetiu coñecer outros elementos que forman parte da nosa paisaxe e da nosa historia.

Celebración do día do libro

Entre as distintas actividades que se realizaron para festexar este dia (intercambios lectores, recomendacións lectoras,etc...) colaboramos especialmente na actividade Libros que alimentan, cconsistente en intercambiar alimentos perecereiros por libros que xa non se empregan, mais están en bo estado e merecen unha segunda vida. Os alimentos recaudados donaránse aos servicios sociais do concello para que os distribuan entre aquelas familias mais necesitadas.

http://bibliotecaadevesa.blogspot.com/2023/05/libros-que-alimentan.html

Celebramos o Día Das Artes Galegas

O pasado 1 de abril iniciamos unha nova celebración no noso centro, o dia das Artes Galegas, e os encargados de levar a cabo esta conmemoración foron os alumnos de 6º de Primaria. Aquí tedes o material elaborado por estes fenómenos.

http://bibliotecaadevesa.blogspot.com/2023/04/dia-das-artes-galegas.html

Celebramos o día mundial dos dereitos do consumidor.

Para celebrar esta data, o alumnado de 5º de EP fixo unha serie de obradoiros enfocados cara o consumo responsable e especialmente da reciclaxe.

Co alumnado de infantil e 1º e 2º, elaborando, partindo de botellas de auga, uns lapiseiros moi molóns decorados con animais da contorna.

Co alumnado de 3º, 4º e 6º, elaboraron un mini-invernadoiro e sementeiras para poder plantar mais adiante estos productos no horto do cole.

http://bibliotecaadevesa.blogspot.com/2023/03/dia-mundial-dos-dereitos-do-consumidor.html

Semana da prensa

Este ano a semana da prensa coincidiu co 8M, polo que creamos un xornal dixital, ao que cada aula aportou noticias interesantes relacionadas co papel da muller e coa natureza, eixo vertebrador da biblioteca este curso.

http://bibliotecaadevesa.blogspot.com/2023/03/semana-da-prensa.html

Eu son Inspectora urbanística

O pasado 8 de marzo tivemos unha visita moi especial, nin nada mais nin nada menos, que inspectoras urbanísticas.

Os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º descubrimos un montón sobre animais e flores protexidas, sobre os distintos elementos da paisaxe, sobre como facer para solicitar un parque ou unha pista de fútbol nunha determinada zona, etc. E decubrimos que moi pretiño nosa temos unha antiga zona volcánica.

Os alumnos de 1º e 2º, deleitaronse cun contacontos relacionado co respecto urbanístico e o coidado da contorna.

Powered by Drupal - Design by artinet