Presentando "Coidando Bandeira"

O interese do noso centro, o CEIP Ramón de Valenzuela, por coidar o medio ambiente e involucrar ó alumnado no coidado dos ecosistemas naturais, foi o que nos levou a embarcarnos no Proxecto “COIDANDO BANDEIRA”. Con este proxecto pretendemos desenvolver o obxectivo de abordar a necesidade de respectar a nosa paisaxe coma un factor básico para comprender que debemos coidala e protexela, poñendo en valor as características propias da paisaxe galega. Consideramos que o Programa Terra do Plan Proxecta ofrécenos a oportunidade de realizar este Proxecto, aprendendo a coidar o medio ambiente e a desenvolver os valores e competencias clave na etapa Infantil e Primaria no Ceip Ramón de Valenzuela, sempre en cordinación cos diferentes equipos do centro e colaborando nos distintos programas (Voz Natura, Radio na biblio, bibliotecas creativas, digicraft, etc).

Powered by Drupal - Design by artinet