Ramón de la Sagra naceu na Coruña no ano 1798 e morreu en París en 1871.
Botánico, político e sociólogo español, entre 1820 e 1825 viviu na Habana, onde dirixiu o Xardín Botánico e escribiu unha Historia física, política e natural da illa de Cuba (14 vols.).
Regresou a España (1835) e foi deputado en 1837 e1854. Froito das súas frecuentes viaxes por Europa son unha serie de escritos sobre agricultura, a industralización e as súas consecuencias sociais.
En 1848-1849 colaborou con Proudhonna fundación dun Banco Popular, abogando pola creación dunha sociedade moderna baseada nunha nova orde social racional (orde que nace da reflexión científica sobre as novas condicións de vida impostas pola naciente sociedade industrial) e dotada dunha nova relixión e moral. Tratou infructuosamente de inculcar ao Goberno español o seu ideario renovador e, desengañado pola política do Bienio Progresista, acabou por vincularse ao absolutismo.
As súas teorias sociais, propugnaban unha orde social racional: desechada a revolución, o método ideal para o advenimiento da nova orde social pasou a ser a extensión dunha educación capaz de facilitar o consentimento voluntario de todos os individuos.
As súas principais obras son Revista dos intereses materiais e morais (1844), Aphorismes sociaux (1848) e O mal e o remedio (1859).