Cliquea na imaxe para visualizalo.
Este ano o noso colexio retrocedeu no tempo, para achegarnos ao estudo da Prehistoria.
Construimos unha gran cova na sá de xogos de infantil, copiamos e creamos novas pinturas rupestres, disfrazámonos con traxes desa época, realizamos vídeos e power-points das características da etapa, murais, lecturas e mil cousas máis.
A participación de todos os membros da comunidade educativa foi moi salientable e todos disfrutamos moito coa súa realización.