RENOVACIÓN DOS CONSELLOS ESCOLARES
Luns, a 25 de outubro de 2021
Comunícase á Comunidade Educativa que en relación á Resolución do 20 de setembro de 2021, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (https://www.edu.xunta.gal/portal/node/35261), e en virtude da mesma…
Anúnciase que segundo o Artigo 30 do Decreto 92/1988 segundo redacción dada polo Decreto 324/1996; DOG do 9 de agosto, o xoves 28 de outubro de 2021, ás 12:30h, procederase ao sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral, no hall de entrada do centro.
Posteriormente, iranse subindo na web todas as deliberacións e informacións durante todo o proceso.
Agardando a súa máxima participación no proceso, reciban un cordial saúdo.
Atte.: D. Francisco Mourelo Barreiro.
Director.