ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024. SECTOR REPRESENTANTE DOS RESPONSABLES DO ALUMNADO
ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024.
SECTOR REPRESENTANTE DOS RESPONSABLES DO ALUMNADO
Estimadas familias:
Segundo a acta da Xunta Electoral, hoxe publícase o censo do sector das familias (nai/pai/titor/a legal).
As mesmas pódense consultar no hall do centro en horario lectivo agás na hora do patio (das 11:30h ás 12:00h).
Lembren que para poder votar deben estar inscritas no censo.
Se houbese algún erro deberán indicárnoslo para poder solventalo na Xunta Electoral.
Do mesmo xeito, engádese adxunto a folla de credencial de presentación de candidatura, que poderán presentarse ata o 5 de novembro de 2024 ás 14:00h.
A presentación da candidatura poderá facerse via email do centro ou presencialmente na secretaría do centro.
Lembrar que do sector “responsables, familias”, toca renovar dous membros dos 4 existentes.
Grazas polo seu interese
A dirección
Adxunto | Tamaño |
---|---|
MODELO DE PRESENTACION DE CANDIDATURA.pdf | 453.24 KB |