Skip to Content

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024

COMUNICADO: ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2024

A Coruña, a 14 de outubro de 2024.

De conformidade co establecido na  RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos., realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

·              O Director ou directora do Centro.

·              Unha mestra/e do centro.

·              Unha Nai/Pai/Titor legal.

·             Un/unha representante do persoal de administración e servizos.

Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo día 15 de outubro no Hall de entrada ao centro, ás 13:00 horas.

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

 

O DIRECTOR DO CENTRO,

AdxuntoTamaño
COMUNICADO SORTEO CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL.pdf912.84 KB


story | by Dr. Radut