Skip to Content

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

REFORMA, ACONDICIONAMENTO E SALUBRIDADE DO XIMNASIO DO CEIP RAMÓN DE LA SAGRA

Estimada Comunidade Educativa e Veciñal:

Nunha sociedade na que o sedentarismo está formando parte da vida cotiá de cada neno e nena, o fomento da actividade física resulta crucial para que o seu desenvolvemento tanto físico como emocional sexa completo.

No CEIP Ramón de la Sagra carecemos de espazos nos que levar a cabo estes aspectos, tan importantes para a educación integral do noso alumnado.  O patio cuberto que se está empregando como pavillón non cumpre, nin de lonxe, co cometido de fomento e promoción da actividade física. Este espazo necesita unha serie de melloras, como a reparación integral do chan. Por esta razón, fixemos unha proposta de investimento nos presupostos participativos do Concello da Coruña que podedes APOIAR ata o día 10 de outubro.

Máis información premendo na imaxe:

 



blog | by Dr. Radut