Skip to Content

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO - PUBLICACIÓN DE LISTAS E PROCEDEMENTO

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 

PUBLICACIÓN DE LISTAS E PROCEDEMENTO

A Coruña, a 29 de xuño de 2022

Estimadas familas:

 Segundo o establecido na Orde do 29 de abril de 2022 (DOG 18/5/22), informámoslles que..

1. Hoxe mércores, 29 de xuño de 2022 procédese á PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS, que poderán consultar no taboleiro de anuncios do centro en horario das 9:00h ás 14:00h.

2. As datas para facer calquera reclamación á mesma, serán o xoves 30 de xuño e o venres 1 de xullo en horario de secretaría.

3. Resoltas as posibles alegacións, a LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS publicarase o luns, 4 de xullo de 2022 no taboleiro de anuncios do centro.

4. Os VALES CHEQUE para as solicitudes admitidas, entregaránse o 5 e 6 de xullo (martes e mércores), en horario de secretaría das 9:30h ás 13:30h.

5. Os vales que non sexan recollidos nesas datas, poderán ser recollidos no mes de setembro, os días 2 e 5 de setembro na secretaría do centro en horario de 10 a 13:00h. (aconsellamos comunicalo ao centro vía mail).

Saúdos.

A Dirección.



story | by Dr. Radut