PROXECTO MESTRA DE OBRA
Estimadas familias,
Como xa vos informamos con anterioridade o centro forma parte do proxecto “Mestra de Obra”.
Unha parte importante de este proxecto é o traballo e a colaboración de toda a comunidade educativa para conseguir esa ansiada transformación de espazos.
O vindeiro 3 de marzo realizaremos unha formación virtual co impulsor do mesmo, Fermín Blanco. Nesta formaicón abordaremos a grandes rasgos o proxecto, así como a posibilidade de participar na elaboración dunha maqueta sobre o centro e a súa contorna.
Nos vindeiros días publicaremos a hora e o enlace para asistir á reunión.
Agardamos a vosa participación!
Un saúdo,
Claustro do CEIP Ramón de la Sagra.