FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021/2022
Informámoslles que dende o día 21 de maio e ata o 22 de xuño de 2021 está aberto o prazo para a participación no fondo solidario de libros de texto polo que se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
Pode consultarse toda a información ao respecto na Orde do 6 de maio de 2021 (Código de procedemento ED330B. DOG 20/05/2021).
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica na aplicación "fondolibros" e a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.
Poderanse presentar tamén presencialmente na secretaría do centro, solicitando cita previa.
A solicitude pode descargarse no seguinte enlace: Anexo I e Anexo II; tamén está dispoñible no portal educativo (http://www.edu.xuntal.gal), nas dependencias da xefatura territorial de educación ou na sede electrónica da Xunta de Galicia:https://sede.xunta.gal
O alumnado de 6º curso deberá entregar a solicitude no IES no que teña obtido praza para o curso 2021/2022