LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS PARA A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS
Benqueridas familias,
Xa están publicadas na cristaleira do centro as listaxes de admitidos e excluídos para a distribución de máscaras.
O prazo de reclamación será de dous días hábiles dende o momento da publicación, o que corresponde cos días 1 e 2 de decembro.
Unha vez publicadas as listaxes definitivas informarase a través da PÁXINA WEB do procedemento para a distribución das máscaras entre o alumnado beneficiario das mesmas.
Un saúdo,
O Equipo Directivo