4º PRIMARIA-8 XUÑO
Bo día amiguiños/as! Estades todos ben? Xa case rematamos o curso, estamos na penúltima semana, o tempo pasa voando.
Xa lle dimos un repaso a todas as materias de cuarto; por iso, esta semana e a seguinte imos ser ARTISTAS.
Mandámosvos cinco poemas, de cada un deles, tedes que facer unha obra de arte. Primeiro tedes que ler ben o poema para entendelo, saber de que nos fala, que nos conta e, cando o teñades claro, empezades a pensar en como levalo ao papel.
Pode ser so un debuxo coloreado ou unha manualidade empregando os materiais que se vos ocorran e teñades a man. Tamén podedes combinar técnicas. Como son cinco, facedes un cada día da semana.
IMAXINACIÓN AO PODER!!
Por último, pedímosvos que nos escribades unha carta na que plasmedes o que foi este curso para vós, na que contedes as vosas vivencias no tempo que tivemos que estar na casa, as vosas primeiras saídas e como estades levando esta volta, ós poucos, á normalidade. Pensade no próximo curso e contádenos como vos gustaría que fose, que esperades del…
Escribide todo o que vos apeteza contarnos, estaremos encantadas de ler esas cartas que nos achegarán a vós.
Recordade que estas tarefas son para estas dúas últimas semanas. Na páxina web do cole a próxima semana non aparecerá traballo para cuarto, isto é o último.
A data límite para que nos enviades os traballos de plástica e a carta é o martes 16 de xuño.
Moitos bicos.
Begoña e Mª José.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
COMO SE DIBUJA A UN NIÑO.pdf | 357.37 KB |
DOÑA PITU PITURRA.pdf | 360.08 KB |
GUARANGUANGUAU.pdf | 452.45 KB |
O CIRCO de Manuel María.pdf | 457.36 KB |
O LUME NOVO de Manuel María..pdf | 561.88 KB |