Skip to Content

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

REAPERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2020/2021

Segundo o Acordo publicado no DOG do 6 de maio de 2020, sobre o restablecemento do proceso de admisión de alumnado, a Dirección do centro informa do seguinte:

  • O novo prazo de presentación de solicitudes será do 11 ao 18 de maio, ambos inclusive. As solicitudes poderán presentarse, preferentemente, de xeito telemático na aplicación"admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que queiran que se lles valore, e poidan presentala por vía electrónica a través da propia aplicación, ou de maneira presencial na secretaría do centro, en horario de 10 a 13 horas.  
  • O prazo de presentación da documentación xustificativa dos criterios de baremación é ata o 26 de maio. Porén, para facilitar trámites e evitar viaxes ao Centro, recoméndase achegala coa solicitude.
  • A publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido será o 8 de xuño.
  • As reclamacións ás listaxes provisionais será do 9 ao 11 de xuño na secretaría do centro en horario de 10 a 13 horas.
  • A publicación das listaxes definitivas será antes do 26 de xuño.
  • A formalización da matrícula realizarase do 1 ao 10 de xullo.

 

INFORMACIÓN A TER EN CONTA PARA ACCEDER AO COLEXIO:

Segundo as recomendacións de Sanidade para a atención ao público, deberase manter o distanciamento social de 2 metros con outras persoas. O acceso ao centro será de xeito individual e deberán seguir as indicacións que atopen no mesmo.

 

IMPORTANTE PARA TODAS AS FAMILIAS:

O centro estará aberto a partir do luns 11 só para atender as solicitudes do proceso de admisión. Para calquer outro trámite ou consulta, poderá contactar por teléfono: 981280208 ou por correo electrónico: ceip.ramon.sagra@edu.xunta.es

 



page | by Dr. Radut