RESERVA DE PRAZA PARA O ALUMNADO DE 6º NO IES OTERO PEDRAYO
Á ATENCIÓN DAS NAIS, PAIS OU TITORES LEGAIS DO ALUMNADO DE SEXTO CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA DESTE CENTRO
De acordo co establecido na Orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15) pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado nos centros sostidos con fondos públicos, comunícolles o seguinte:
1. Aos efectos da continuidade de estudos do actual alumnado de sexto curso que promocione á etapa de educación secundaria obrigatoria, este Centro está adscrito ao IES Ramón Otero Pedrayo.
2. A circunstancia de estar este Centro adscrito ao citado IES supón que o noso alumnado terá prioridade para a admisión.
3. As familias que no vindeiro curso 2020-21 desexen que os seus fillos cursen os estudos no referido instituto deberán presentar no noso Centro, entre os días 1 e 17 de febreiro, o modelo de solicitude debidamente cuberto que se xunta a este escrito (anexo I da Orde do 12 de marzo de 2013). O alumnado deberá entregar as solicitudes, debidamente cumprimentadas, ao titor/a.
Se vostedes o prefiren, tamén poden realizar a reserva directamente na aplicación admisionalumnado, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
4. A reserva ten carácter vinculante e será incompatible coa presentación da solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo ordinario de presentación de solicitudes de admisión. A presentación de solicitude noutro centro dará lugar a perda de prioridade.
5. O alumnado deberá formalizar a matrícula no IES entre o 25 de xuño e o 10 de xullo
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ANEXO I RESERVA.pdf | 1.04 MB |