ORGANIZACIÓN DE ENTRADAS E SAÍDAS - HORARIO LECTIVO – CURSO 22/23
A Coruña, a 5 de setembro de 2022
Consideracións iniciais:
1º. O horario lectivo co alumnado será das 9:00h ás 14:00h agás educación infantil, que será dende ás 9:00h e saída escalonada.
ENTRADAS E SAÍDAS:
As portas de acceso ao centro abriranse ás 8:55h e pecharanse ás 9:10h. A saída abriranse do mesmo xeito segundo o horario de recollida en educación infantil.
O alumnado de educación primaria entrará só ao recinto do centro, entrando polo portalón grande de acceso ao patio de 3º a 6º de E. P. , e os de 1º e 2º de E. P. pola porta principal de acceso ao centro.
O alumnado que entre pola Ronda Camilo José Cela poderán entrar sos indistintamente do seu curso ou nivel, e unha vez dentro do recinto, baixarán pola rampa de acceso e dirixiranse ata o hall de entrada e de ahí a súa aula.
O alumnado de 1º. 2º e 3º de E. P. subirán pola marxe dereita das escaleiras de acceso aos andares e baixarán polo mesmo marxe.
O alumnado de 4º, 5º e 6º de E. P. subirán pola marxe esquerda e baixarán polo mesmo marxe.
E. INFANTIL:
- As familias poderán acompañar aos seus fillos/as ata a entrada de infantil. O tempo máximo indispensable.
- A saída se efectuará do mesmo xeito dentro do centro no espacio onde deixan aos seus fillos/as.
E. PRIMARIA:
- O alumnado de 1º e 2º de E. P. poderán entrar pola porta de entrada ao centro (principal), onde serán acollidos polo profesorado que estea de garda e poderán ir subindo ás aulas, onde se atopará o profesorado que imparta clase nesa primeira hora.
- O alumnado de 3º a 6º de E.P. deberán entrar polo portalón de acceso.
- O alumnado que entre pola entrada superior (a do autobús), irán entrando e acudirán a súa aula correspondente.
En todos os casos o alumnado entrará só ao recinto escolar.
AUTOBÚS ESCOLAR:
- Haberá como sempre, gardas de entradas e saídas e do autobús escolar.
- O alumnado que utilice o transporte escolar que chegue antes das 8:55h que será cando se abran as portas e o profesorado deba estar nas súas aulas, permanecerán no hall de entrada ata as 8:55h podendo subir xa a esa hora.
- O alumnado de transporte á chegada irán por parellas (grande/pequen@), e irán así acompañando ata á entrada ao interior do centro.
- A hora de saída, o alumnado usuario do transporte escolar esperará no andar da súa aula en fila ata a súa recollida. Non poderán quedar sos na aula.
- Baixarán primeiro os de 4º, 5º e 6º para ir recollendo por parellas aos de menor idade.
SAÍDAS:
- Tocará timbre ás 13:55h e música ás 14:00h, que agás infantil deberán saír todo o alumando da súa aula para a súa entrega nos puntos que entraron ao centro.
- O alumnado será entregado nos mesmos puntos nos que entraron (Portalón e saída principal).
- Haberá un área habilitada para as familias que recollen aos seus fill@s que entran e saen pola Ronda Camilo José Cela, agás os de 1º e 2º de E. P. que só recollerán aos seus fill@s pola porta principal. Para tal efecto, poderán cruzar dende a Ronda Camilo José Cela ata o portalón para logo acceder ao punto de recollida.
Grazas a tod@s.
D. Francisco José Mourelo Barreiro
Director.