Skip to Content

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO - PUBLICACIÓN DE LISTAS E PROCEDEMENTO

Estimadas familas:

Informamos das datas de publicación das listaxes provisionais e definitivas de fondo de libros e entrega de vales para libros de texto e material:

  • PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS FONDO DE LIBROS27 de xuño.
  • RECLAMACIÓN ÁS LISTAXES PROVISIONAIS FONDO DE LIBROS: 28 e 29 de xuño (secretaría do centro)
  • PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS FONDO DE LIBROS30 de xuño.
  • ENTREGA DE VALES PARA LIBROS DE TEXTO E VALES PARA MATERIAL 4 e 5 de xullo (9:30 A 13:30H)

 

As listaxes estarán publicadas no taboleiro da entrada do centro.

Os vales non recollidos no mes de xullo, poderán recollerse o día 5 de setembro na secretaría do centro en horario de 10:00 a 13:30 horas.

As datas poden verse modificadas por calquer imprevisto na xestión da aplicación fondolibros. Polo tanto, estade atentos á informacións que podan xurdir e serán publicadas nesta páxina web.

PROCESO DE FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA 23/24

 

Benqueridas familias, 

O alumnado admitido deberá formalizar a matrícula na secretaría do centro do 20 ao 30 de xuño, aportando a documentación requerida:

- Impreso matrícula.

- Impreso lingua materna (soamente alumnado de 4º Educación Infantil)

- Autorización actividades complementarias e dereitos de imaxe.

- Solicitude de transporte escolar. 

 

O HORARIO para formalizar a matrícula será:

20 de xuño: 9:30h a 11:30h e de 12:00h a 13:30h.

21 de xuño: por mor da festa de final de curso o horario de atención será de 9:30h a 11:00h.

22 ao 30 de xuño: 9:30h a 13:30h.

Poden consultar os impresos requeridos nos documentos adxuntos.

Se finalizado este prazo non se formalizara a matrícula, decaerá o dereito á praza obtida.

Un saúdo, 

O Equipo directivo.

 

CRITERIOS PARA A FORMACIÓN DE GRUPOS

CRITERIOS PARA A FORMACIÓN DE GRUPOS

- NOVAS INCORPORACIÓNS EN 4º DE E. INFANTIL (3 ANOS)

- CAMBIO DE ETAPA

- CAMBIO DE NIVEL

Estimadas familias:

adxúntase anexo a esta comunicación, os criterios aprobados na Coordinación de Comisión Pedagóxia, nos Equipos de Ciclo e aprobados no Claustro do luns 29 de maio de 2023.

O que se comunica a todos  os efectos a toda a comunidade educativa.

A Dirección.

INSTRUCIÓNS TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2023/2024

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

Estimadas familias:

comunicámoslles que segundo a INSTRUCIÓN CONXUNTA 1/2023, DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DACONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL EUNIVERSIDADES E DA DIRECCIÓN XERAL DE MOBILIDADE DACONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE, SOBRE A XESTIÓNDO SERVIZO DE TRANSPORTE DE ESCOLARES NO CURSO ESCOLAR 2023-2024 (adxúntase copia), as familias que o precisen deben solicitar a folla de solicitude de autorización de uso de transporte escolar gratuíto (tamén se adxúntase).

O prazo para presentar dita solicitude, pregamos sexa como moi tarde o martes, 20 de xuño de 2023.

Moitas grazas pola súa colaboración.

Saúdos.

A dirección.

 

AXUDAS FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 

ESTIMADAS FAMILIAS:

Informámoslles que dende o día 20 de maio e ata o 21 de xuño de 2023está aberto o prazo para a participación no fondo solidario de libros de texto polo que se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar:

-       Fondo solidario de libros de texto para 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, e axudas para adquirir libros de texto para 1º e 2º de Primaria.

-       Axudas para material escolar para toda a etapa de primaria.

Pode consultarse toda a información ao respecto na Orde do 10 de maio de 2023 (Código de procedemento ED330B. DOG 19/05/2023).

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica na aplicación "fondolibros" e a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

Poderanse presentar tamén presencialmente na secretaría do centro co seguinte horario:

-      Mañá: de luns a venres das 9:30h ás 11:15h e das 12:15h ás 13:30h.

-      Tardes: luns das 16:30h ás 18:15h.

A solicitude pode descargarse no seguinte enlace: Anexo I e II,  tamén está dispoñible no portal educativo (http://www.edu.xuntal.gal), nas dependencias da xefatura territorial de educación ou na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

O alumnado de 6º curso deberá entregar a solicitude no IES no que teña obtido praza para o curso 2023/2024

Teñen anexa toda a información do proceso así como os anexos a presentar.

Saúdos

A Dirección

 

RESULTADOS ENQUISAS DO PLAN DE CONVIVENCIA POR SECTORES

RESULTADOS ENQUISAS DO PLAN DE CONVIVENCIA

Estimada comunidade educativa:

Como ben sabedes estamos a elaborar o noso Plan de Convivencia.

Neste proceso de elaboración na que participa toda a comunidade educativa, deixámosvos os informes das diferentes enquisas.

Como sempre, voltamos a agradecer a boa participación de toda a comunidade educativa así como de toda a comisión de convivencia que está a traballar cos datos para á elaboración participativa do plan de convivencia do CEIP Ramón de la Sagra.

Seguimos traballando e irémosvos informando de todo o que aconteza no proceso.

Agradecendo enormemente a súa sempre boa colaboración, reciban un cordial saúdo.

Atte: A Comisión de Convivencia.

 

ADMISIÓN: LISTAXE DEFINITIVA

Estimadas familias,

Xa están publicadas as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos para o curso 23-24. 

Poden consultar estas listaxes no taboleiro do centro ou telemáticamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a chave 365 ou certificado dixital. 

Resaltar que todas as solicitudes recibidas están ADMITIDAS

O prazo de FORMALIZACIÓN de MATRÍCULA será do 20 ao 30 de xuño. 

Un saúdo. 

ENQUISA DE DIAGNOSE DA CONVIVENCIA ESCOLAR

ENQUISA DE DIAGNOSE DA CONVIVENCIA ESCOLAR

Estimada comunidade educativa, dirixímonos a vds. por mor do seguinte:

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pon en marcha este curso académico a IV macroenquisa de diagnose da convivencia escolar, dirixida ao conxunto da comunidade educativa galega (alumnado a partir de 5º de educación primaria, profesorado, persoal non docente e familias).

Esta iniciativa enmárcase dentro da actual Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 e o prazo de participación estará aberto desde o 2 ata o 22 de maio, ambos os dous incluídos.

Motivo polo cal, envíase a cada sector da comunidade educativa do noso centro, claves individuais para poder realizar a enquisa.

Grazas como sempre pola súa colaboración e participación

Saúdos

A Dirección

 

APERTURA PRAZO SOLICITUDE BECAS ALUMNADO CON NEE

AVISO ÁS FAMILIAS - BECAS ALUMNADO CON NEE

Esimadas familias, dirixímonos a vds. por mor do seguinte:

 

Desde este luns 8 de maio de 2023 e ata o día 20 setembro de 2023, poden solicitarse as Axudas/Subsidios para Alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

 

Toda a información oficial xunto cos enlaces para comezar a tramitación atópase nas seguintes direccións:

 

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

 https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2023.html 

Destacar do Extracto da Resolución de 20 de abril de 2023 da Secretaría de Estado de Educación que existe algunha novidade respecto aos cursos anteriores como:

 

  • O prazo de presentación da solicitude redúcese ata o 20 de setembro.
  • Inclusión, sen requisitos económicos, dun subsidio para gastos adicionais de carácter xeral para os solicitantes que acrediten necesidade específica de apoio educativo, segundo os requisitos establecidos na convocatoria (Discapacidade, Trastorno grave de Conduta ou da Comunicación e Linguaxe, Trastorno do Espectro Autista, Altas Capacidades e TDAH que requiran apoios e atencións educativas específicas derivadas dos aspectos anteriormente mencionados).

 

Para calquera dúbida, o CEIP Ramón de la Sagra ponse a disposición da Comunidade Educativa a través do Departamento de Orientación.

 

SERVIZOS MINIMOS FOLGA DE TRANSPORTE XOVES 27-4-23

SERVIZOS MINIMOS FOLGA DE TRANSPORTE XOVES 27-4-23

Estimadas familias:

comunícaselles os servizos mínimos dispostos para a folga de transporte que se celebrará mañá xoves, 27 de abril de 2023.

"2. Servizos de transporte público regular de uso especial-escolares: os servizos de en­trada aos centros desde as 7.30 ata ás 10.30 horas, e os de saída desde as 13.30 ata ás 19.00 horas, nos itinerarios de transporte escolar de estudantes de niveis de ensino obri­gatorio cuxa lonxitude total sexa superior a 4 quilómetros." (Parte dispositiva – artigo único – páx. 4 do DOG).

Adxúntase DOG anexo.

Grazas pola súa atención

A dirección.

Distribuir contido


by Dr. Radut