Benqueridas familias:
Desde o colexio imos comezar cun novo sistema de comunicación entre as familias e o profesorado, ademais da que xa se viña mantendo ata agora a través do correo electrónico do centro.
Trátase da aplicación abalarMóbil. Somos coñecedores de que moitas familias xa a tendes descargada, pero na situación que nos atopamos, vemos necesaria a extensión a todas as familias do colexio para ter un maior contacto.
Esta aplicación permite que as familias consultedes información sobre os vosos fillos a través do teléfono móvil dende calquera lugar, de maneira cómoda e rápida. Así, a través do servizo de mensaxes, as familias poderedes comunicarvos coas mestras e mestres das vosas fillas e fillos e viceversa.
Achegámosvos unha guía para as familias onde se explica cómo facer a descarga da aplicación e as funcións das que dispón.
Se tendes algún problema coa aplicación, podedes poñervos en contacto a través do correo electrónico do colexio.
Aproveitamos para informarvos, que recibidas instrucións da Consellería, estamos avaliando este 2º trimestre cos contidos traballados ata a declaración do estado de alarma, o pasado 13 de marzo.
A publicación das notas da 2º avaliación será a través da aplicación abalarMóbil.
O profesorado continúa a elaborar material para o alumnado e seguirase colgando na páxina web ata o venres día 3 de abril, inicio da semana santa. Á volta, continuaremos publicando novas tarefas.
Informámosvos tamén, de que neste curso NON se realizará a proba de avaliación diagnóstica en 3º nin 6º de Educación Primaria.
Para calquera dúbida ou consulta, estamos á vosa disposición no correo electrónico do colexio: ceip.ramon.sagra@edu.xunta.es
Grazas pola vosa colaboración e moito ánimo para todas e todos!