Skip to Content

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO - PUBLICACIÓN DE LISTAS E PROCEDEMENTO

Estimadas familas:

Informamos das datas de publicación das listaxes provisionais e definitivas de fondo de libros e entrega de vales para libros de texto e material:

  • PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS FONDO DE LIBROS: 1 de xullo.
  • RECLAMACIÓN ÁS LISTAXES PROVISIONAIS FONDO DE LIBROS: 2 e 3 de xullo (secretaría do centro).
  • PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS FONDO DE LIBROS: 4 de xullo.
  • ENTREGA DE VALES PARA LIBROS DE TEXTO E VALES PARA MATERIAL 4 de xullo (11:30 A 13:30H) e 5 de xullo (10:00 A 13:00H)

 

As listaxes estarán publicadas no taboleiro da entrada do centro.

Os vales non recollidos no mes de xullo, poderán recollerse os día 3 e 4 de setembro na secretaría do centro en horario de 10:00 a 13:30 horas.

As datas poden verse modificadas por calquer imprevisto na xestión da aplicación fondolibros. Polo tanto, estade atentos á informacións que podan xurdir e serán publicadas nesta páxina web.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-2025

 

Estimadas familias, no documento adxunto (ou premendo na imaxe) teñen a relación dos libros de texto seleccionados para o curso 2024/25.

Non esquezan consultar o apartado de observacións.

Grazas pola súa atención.

Saúdos,

A Dirección

PROCESO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 24-25

Benqueridas familias,

O alumnado admitido deberá formalizar a matrícula na secretaría do centro do 20 ao 28 de xuño, aportando a documentación requerida:

-Impreso matrícula.

- Impreso lingua materna (soamente alumnado de 4º Educación Infantil).

- Autorización actividades complementarias e dereitos de imaxe.

- Solicitude de transporte escolar.

Os impresos necesario están adxuntos nesta publicación.

 

O HORARIO para formalizar a matrícula será:  

20 de xuño: 9:30 h. a 11:30 h. e de 12:00 a 13:30 h.

21 de xuño: por mor da festa de final de curso o horario de atención será de 13:15 h. a 14:00 h.

25 ao 28 de xuño: 9:30 a 13:30 h.

 

SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2024/2025

Estimadas familias:

Comunicámoslles que, as familias que o precisen, deben cubrir a folla de solicitude de autorización de uso de transporte escolar gratuíto (adxunto nesta publicación).

O prazo para presentar dita solicitude, pregamos sexa como moi tarde o venres 21 de xuño de 2024.

Moitas grazas pola súa colaboración.

Saúdos,

O Equipo Directivo.

APERTURA PRAZO SOLICITUDE FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias:

Hoxe, 21 de maio, a Xunta de Galicia abriu o prazo para solicitar as axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria. O prazo remata o 21 de xuño.

Podedes presentar as vosas solicitudes de xeito telemático ou presencialmente na secretaría do centro. O horario de atención ao público no centro é 9:30 a 11:15 e de 12:15 a 13:30 de luns a venres e os luns pola tarde de 16:30 a 18:30.

Podedes descargar o formulario de solicitude nos seguintes enlaces:

Solicitude fondo libros e axudas material escolar.

- Orde de convocatoria.

LISTAXE DEFINITIVO DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS NO PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 24/25

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS NO PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 24/25

A Coruña, a 15 de maio de 2024

Estimada comunidade educativa:

infórmase que xa están expostas no hall do centro á listaxe definitiva de admitidos e non admitidos no proceso de admisión para o vindeiro curso 2024/2025.

Lembrar que a finais de xuño segundo o calendario explicitado no proceso, hai que formalizar as matrículas.

Permanezan atentos e atentas á páx. web do centro.

Grazas por confiar en nós.

 

 

 

 

AXUDAS E BECAS NEAE

AXUDAS APOIO EDUCATIVO

Ministerio de Educación, FP e Deportes

A Coruña, a 29 de abril de 2024

Estimadas familias:

Desde o 30 de abril de 2024 ata o 13 de setembro de 2024 estará aberto o prazo de presentación de solicitudes das Axudas para alumnado con Necesidade Específíca de Apoio Educativo para o curso 2024-2025 convocadas polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

 

Toda a información ao respecto está nos seguintes enlaces:


INFORMACIÓN XERAL: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

ENLACE PARA INICIAR SOLICITUDE: https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/deportivas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

RESOLUCIÓN QUE  LEXISLA: https://www.pap.hacienda.gob.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/754862/document/1050557

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS NO PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 24/25

LISTAXE DE SOLICITUDES ADMITIDAS E NON ADMITIDAS NO PROCESO DE ADMISIÓN PARA O VINDEIRO CURSO 24/25

A Coruña, a 25 de abril de 2024

Estimadas familias:

comunicarvos que a listaxe de solicitudes admitidas e non admitidas (con praza ou sen praza), están expostas no hall de entrada ao centro para a súa consulta.

A modo de información xeral dicir que:

- A solicitude existente fora de prazo en E. Infantil terá que dictaminar a comisión de escolarizacion a súa admisión ou non neste centro.

- Todas as solicitudes para 4º e 6º de E. Infantil foron admitidas.

- As solicitudes para E. Primaria non foron admitidas.

Dicir do mesmo xeito que ábrese prazo de presentar as persoas que o desexen as reclamacións oportunas perante esta lista.

Seguindo o proceso xa pubicado de admisión, o luns 15 de maio  publicaranse as listas definitivas de admitidos e non admitidos.

Moitas grazas polo seu interese e participación.

Un saúdo

A dirección

BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR DO CONCELLO DE A CORUÑA - CURSO 2024/2025

BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR DO CONCELLO DE A CORUÑA

CURSO 2024/2025

Estimadas familias:

Mañá xoves 17 de abril de 2024 ábrese o proceso de solicitude das Bolsas de Comedor Escolar para o vindeiro curso escolar 2024/2025.

Toda a información está a disposición no seguinte enlace do Concello de A Coruña

 https://sede.coruna.gal/sede/es/tramites-y-servicios-electronicos/guia-de-procedimientos-y-servicios/detalle-de-procedimientos/becas-comedor/contenido/1453739229256?argIdioma=es    

Destacar que:

 

  • Dirixido a alumnado empadroado no concello de A Coruña a partir de 2ºciclo de Educación Infantil (nados en 2021).
  • O prazo abrangue desde o 17 de abril ata o 8 de maio de 2024.
  • Pódese facer o trámite en liña ou presencial (a través dos servizos do Concello).

 

 

APERTURA PRAZO ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/2025

APERTURA PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

PARA O CURSO 24/25

A Coruña, a 29 de febreiro de 2024

Estimadas familias:

 Comunicarlles que o prazo de admisión de alumnado para o vindeiro curso 24/25, ábrese dende mañá mércores, 1 de marzo ata  o  luns 20 de marzo (ambos incluídos).

 Para realizar a solicitude de admisión poderán realizala por calquera medio electrónico da Xunta (aplicación de admisión de alumnado na páx. Web da Consellería de Cultura, Educación, Formación e Universidades), Sede electrónica, etc..

 

Tamén poden facelo presencialmente no centro se o desexan no seguinte horario:

 - Mañás: Luns a venres de 9:30h a 11.00h e das 12:15 ás 13:30h.

 - Tarde: Luns das 16:30h ás 18:15h.

 Teñen na documentación adxunta todo o necesario para poder realizar a admisión sen ningún problema, aínda que calquera pregunta non dubide en transmitírnola.

 A normativa que regula este proceso é:

 ORDEN de 21 de octubre de 2022 por la que se desarrolla el Decreto 13/2022, de 3 de febrero, y se regula el procedimiento de admisión del alumnado en los centros docentes sostenidos con fondos públicos que imparten enseñanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación (códigos de procedimiento ED550A, ED550B y ED550C).

 DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 Grazas a todas as familias.

 Saúdos.

 A Dirección

Distribuir contido


by Dr. Radut