Skip to Content

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

REUNIÓNS COMEZO DE CURSO 5º e 6º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

5º EDUCACIÓN PRIMARIA:

5º A Educación Primaria: Luns 4 de outubro ás 17:00 horas. 

5º B Educación Primaria: Xoves 30 de setembro ás 17:00 horas.

6º EDUCACIÓN PRIMARIA:

6º B Educación Primaria: Luns 27 de setembro ás 16:15 horas. 

6º A Educación Primaria: Luns 27 de setembro ás 18:00 horas.

AVISO ÁS FAMILIAS DE 2º E 3º DE E. PRIMARIA - ENTRADAS E SAÍDAS

AVISO ÁS FAMILIAS: ENTRADA E SAIDA DE 2º E 3º DE E. PRIMARIA

Estimadas familias:

Dirixímonos a vds. para comunicarlles que a partires do luns, 13 de setembro de 2021, tanto as entradas como as saídas do centro, o alumnado de 2º e 3º de E. Primaria utilizarán a porta de acceso ao patio de E. Infantil (a do curso pasado), coa fin de ter maior operatividade e circulación nas mesmas.

Reciban un cordial saúdo.

Atte.: A Dirección.

 

.

 

COMEZA UNHA NOVA ANDAINA!

 

O VOSO COLE PREPÁRASE PARA ACOMPAÑARVOS NELA.

 

Picade na imaxe!

 

 

 

REUNIÓNS COMEZO DE CURSO

 

1º EDUCACIÓN PRIMARIA: Mércores 8 de setembro.

1º A Educación Primaria: 16:00 horas.

1º B Educación Primaria: 17:00 horas.

2º EDUCACIÓN PRIMARIA: Martes 14 de setembro.

2º A Educación Primaria: 16:30 horas.

2º B Educación Primaria: 16:30 horas.

3º EDUCACIÓN PRIMARIA: Luns 20 de setembro.

3º A Educación Primaria: 16:00 horas.

3º B Educación Primaria: 18:15 horas.

4º EDUCACIÓN PRIMARIA: Luns 13 de setembro.

4º A Educación Primaria: 16:00 horas.

4º B Educación Primaria: 18:15 horas.

 

As datas das reunións de 5º e 6º de Educación Primaria publicaranse nos

vindeiros días nesta páxina web.

 

AVISO ÁS FAMILIAS: ENTRADAS E SAÍDAS DO CENTRO

 ENTRADAS E SAÍDAS

 

 ENTRADAS Educación Primaria:

 

Horarios de entrada: das 8:55h ás 9:05h.

 

Realizaranse polas 3 portas de acceso ao centro, segundo a seguinte orde:

 

-       Portalón grande de acceso ao patio exterior:

 

8:55h: 4º, 5º e 6º de E.P.

 

9:00h: 2º e 3º de E.P.

 

-       Portal principal de acceso ao centro:

 

9:00h: 1º Educación Primaria.

 

Educación Infantil:

 

-       Portal principal de acceso ao patio exterior (en caso necesario avisar da entrada por Camilo José Cela)…:

 

9:05h: 5º de E.I.

 

9:10h: 6º de E.I.

 

9:20h: 4º de E.I.

 

-   O alumnado de transporte será recollido polo profesorado de garda e acompañados ata a porta de entrada (Porta de acceso a E.I.), e subirán as aulas onde xa estará o profesorado que lle corresponda a esa hora.

 

·         O alumnado que proceda do Barrio das Flores ou Monelos, poderá entrar por esa porta de acceso da R/ Camilo José Cela no mesmo horario que primaria (o profesorado de garda indicarálles que poden pasar nas horas indicadas).

 

·         @s irmáns que estean en diferentes cursos, poderán entrar á mesma hora (só os irmáns de diferentes cursos).

 

SAÍDAS

 

Educación Infantil:

 

-       4º de E.I.: 13:30h.

 

-       5º de E.I. 13:40h.

 

-       6º de E.I. 13:50h.

 

Educación Primaria:

 

            Sairán polas mesmas portas de entrada. NAS SAÍDAS SÓ FUNCIONARÁN AS ENTRADAS DE ABAIXO, NON Á DE CAMILO JOSÉ CELA (Só a poderán empregar o alumnado de 5º e 6º de E.P. con autorización para ir sos a casa).

 

            Os horarios de saídas serán:

Educación Primaria: das 13:55h 4º, 5º e 6º de E.P.,

 

        14:00h 1º, 2º e 3º de E.P.

 

 

O alumnado de Educación Infantil poderá acceder ao centro acompañado por un adulto ata a porta de acceso ao centro, pero non acceder ás dependencias. Igualmente este poderá acceder para a súa recollida. Unha vez que o alumno/a é entregado ás mestras/es ou recollido deberase abandonar o centro na maior brevidade posible, para evitar aglomeracións. En ningún momento pode haber alumnado ou familias no patio do centro.

 

Asemade nestes momentos seguiranse as indicacións do persoal do centro, así como se respectaran sempre as recomendacións das autoridades sanitarias en materia de acceso a calquera espazo público: USO OBRIGATORIO DE MÁSCARA E MANTEMENTO DA DISTANCIA DE SEGUIRIDADE.

 

O alumnado de Educación Primaria NON pode acceder ao centro acompañado. Será o profesorado de garda os que lles indiquen que poden pasar e o alumnado entrará ao centro e dirixirase a súa aula onde estará o profesorado que lle toque a esa hora.

Agardando a máxima colaboración de vds. para non crear agrupamentos e aglomeracións nas entradas, reciban un cordial saúdo.

Atte.: A Dirección.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ALUMNADO ADMITIDO NO TRANSPORTE ESCOLAR

 

Benqueridas familias,

 

Informamos que todo o alumnado que solititou transporte escolar está admitido. As listaxes colgaranse no taboleiro do centro.

O xoves día 9 entregarase ao alumnado as tarxetas identificativas, así como unha circular informativa. 

Asemade, informar que no taboleiro de anuncios do centro están colgadas as listaxes de 1º, 3º e 5º de Educación Primaria. 

 

Un saúdo, 

O Equipo Directivo.

SAÚDOS ÁS FAMILIAS

Benqueridas familias,
O equipo docente do CEIP Ramón de la Sagra quere dar a benvida ás familias e ao alumnado do noso centro, especialmente aos pequenos e pequenas que inician a súa andadura este curso.

MODIFICACIÓN DATA ENTREGA LIBROS TEXTO FONDO LIBROS

 

Benqueridas familias, 

Informamos que a data da recollida de libros de texto de fondo libros prevista para

o día 3 de setembro modificouse, por mor dun imprevisto, para o día MARTES 7

de SETEMBRO, no seguinte horario:

 

- 3º e 4º de Educación Primaria: 9:30 a 11:30 horas.

- 5º e 6º de Educación Primaria: 11:30 a 13:30 horas.

 

Saúdos, 

O Equipo Directivo.

 

 

INFORMACIÓN FONDO LIBROS, AXUDA LIBROS E VALES MATERIAL

Informamos das datas de listaxes de fondo de libros e entrega de vales para libros de texto e vales de material:

  • PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS FONDO DE LIBROS5 DE XULLO
  • RECLAMACIÓN ÁS LISTAXES PROVISIONAIS FONDO DE LIBROS: 6 E 7 DE XULLO (secretaría do centro)
  • PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS FONDO DE LIBROS9 DE XULLO
  • ENTREGA DE VALES PARA LIBROS DE TEXTO E VALES PARA MATERIAL:    12 E 13 DE XULLO (9:30 A 13:30H)
  • ENTREGA DOS LIBROS DE TEXTO DO FONDO DE LIBROS3 DE SETEMBRO 

 

As listaxes estarán publicadas no taboleiro da entrada do centro, non poden ser publicadas a través da páxina web pola protección de datos.

Os vales non recollidos no mes de xullo, poderán recollerse o día 3 de setembro na secretaría do centro en horario de 10:00 a 14:00 horas.

As datas poden verse modificadas por calquer imprevisto na xestión da aplicación fondolibros. Polo tanto, estade atentos á informacións que podan xurdir e serán publicadas nesta páxina web.

LISTAXE LIBROS DE TEXTO CURSO 2021-2022

 

 

 

A relación de libros de texto para cada curso de Educación Primaria aparece recollido nos documentos adxuntos.

Distribuir contido


by Dr. Radut