Skip to Content

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

DISTRIBUCIÓN DE MASCARILLAS

 

O venres 12 de novembro publicouse a Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado de educación primaria.

 

Dita Orde podedes consultala no seguinte enlace:

 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211112/AnuncioG0598-081121-0001_es.html

 

Serán BENEFICIARIOS de máscaras o seguinte alumnado:

 

  • O alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar (non ten que presentar solicitude)

 

  • O alumnado que NON foi beneficiario das axudas de material escolar ten que presentar solicitude (achegar copia do libro de familia) e cumprir os criterios establecidos na Orde anteriormente citada: Renda familiar per cápita igual ou inferior a 6000 euros (renta ano 2019); se é alumnado de Educación Especial, se está suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou ten unha discapacidade recoñecida de máis do 65%.

 

As SOLICITUDES realizaranse de forma presencial no centro educativo. Será preciso solicitar CITA PREVIA para proceder a súa entrega.

 

O PRAZO de entrega será do 15 ao 26 de novembro ambos inclusive.

 

Na páxina web se publicará o procedemento para a entrega das máscaras, así como as datas establecidas para o mesmo.

No anexo vai o modelo de solicitude.

 

Un saúdo.

 

            Atte.: A Dirección

 

 

 

PATIOS VIVOS

Dende o curso pasado camiñamos da man de @sistemalupo e do @cfracoruna para humanizar o noso patio. 

O proxecto, Mestra de Obra, baséase nas transformacións do espazo ligadas a cambios pedagóxicos que favorezan meteodoloxías activas. 

A participación da comunidade educativa será fundamental para acadar con éxito este obxectivo. 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR CURSO 21/22

Estimadas familias:

 En documentos anexos teñen a acta da Xunta Electoral reunida hoxe, onde se establece o calendario electoral para as eleccións de representantes da Comunidade Educativa no mesmo.

 As listas dos censos electorais pódense consultar no taboleiro de anuncios no hall de entrada ao centro.

 Do mesmo xeito, adxúntase o modelo aprobado para a presentación de candidaturas para os distintos sectores.

  Irase colgando información sobre o proceso seguindo o calendario electoral adxuntado.

  Desexando e animándovos a máxima participación, reciban un cordial saúdo.

  Atte: A Dirección.

 

 

 

 

DOCUMENTOS COVID-19 CURSO 21/22

DOCUMENTOS COVID-19 CURSO 21/22

Estimadas familias, deixámosvos adxuntos o PROTOCOLO COVID-19 para o presente curso, así como o plan de CONTINXENCIA e o Plan de ACOLLIDA preceptivo.

Disculpen as molestias pois no enlace COVID-19 temos problemas na súa actualización que non damos solventado.

Grazas.

ERASMUS+

O noso centro foi seleccionado para participar no programa Erasmus+ de curta duración para a mobilidade do persoal con fines formativos.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

 

RENOVACIÓN DOS CONSELLOS ESCOLARES

 

 

Luns, a 25 de outubro de 2021

 

 

Comunícase á Comunidade Educativa que en relación á Resolución do 20 de setembro de 2021, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (https://www.edu.xunta.gal/portal/node/35261), e en virtude da mesma…

 

 

 

Anúnciase que segundo o Artigo 30 do Decreto 92/1988 segundo redacción dada polo Decreto 324/1996; DOG do 9 de agosto, o xoves 28 de outubro de 2021, ás 12:30h, procederase ao sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral, no hall de entrada do centro.

 

 

 

Posteriormente, iranse subindo na web todas as deliberacións e informacións durante todo o proceso.

 

Agardando a súa máxima participación no proceso, reciban un cordial saúdo.

 

 

 

            Atte.: D. Francisco Mourelo Barreiro.

 

                      Director.

 

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2021/2022

COMUNICACIÓN ÁS FAMILIAS

Dirixímonos a vds. para informarlles que na barra lateral dereita teñen o calendario escolar do presente curso 21/22 establecido pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Do mesmo xeito informarlles que os días non lectivos escollidos polo centro, son os mesmos que se propuxeron na asociación de directores/as de A Coruña, e que son os seguintes:

- 7 de decembro de 2021,

- 16 de maio de 2022.

En calquera caso, para estes días enviarase recordatorio por abalar.

Grazas.

A Dirección

BENVIDO OUTUBRO!

Benvido outubro! Dende o noso centro queremos felicitar aos máis pequenos e pequenas por teren superado de forma fantástica estas primeiras semanas de cole.

CONCERTO DE UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA

As nenas e nenos de infantil, 1º e 2º de primaria puideron gozar da música de Uxía Lambona e a Banda Molona. 

.

Distribuir contido


by Dr. Radut