Calendario Escolar

ORDE do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

As actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil e de educación primaria realizaranse desde o día 11 de setembro de 2024 ata o 20 de xuño de 2025, ambos incluídos.

Os períodos de vacacións escolares no curso académico 2024/25 serán os seguintes:

– Desde o día 23 de decembro de 2024 ata o día 7 de xaneiro de 2025, ambos incluídos.

– Os días 3, 4 e 5 de marzo de 2025.

– Desde o día 14 ata o día 21 de abril de 2025, ambos incluídos.

 

 

E. Física

Baile de Fin de Curso

Comezamos os ensaios para o baile de fin de curso. Os podedes ver AQUÍ

Badminton

Tivemos unha xornada de convivencia coa excusa do badminton. Estivemos no IFEVI con alumnos e alumnas de outros centro de Vigo xogando uns partidos de badminton. Moi divertido

 

MEGACONSTRUCIÓNS

HOXE EN MEGACONSTRUCIÓNS!!!

Non foron os extraterrestres nin as antigas civilizacións, foron os alumnos e alumnas de 1º de Primaria.

Korfbal

Hoxe iniciamos unha actividade do programa Xogade relativa a un novo deporte a implementar na escola: o Korfbal ou Balonkorf.

Os alumnos e alumnas de 6º de primaria practicarán este deporte durante tres semanas cun monitor específico, ó final haberá unha xornada de convivencia con outros colexios no IFEVI.

Si queredes saber máis acerca deste deporte pinchar AQUÍ

 

Powered by Drupal - Design by artinet