Calendario Escolar

ORDE do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

As actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil e de educación primaria realizaranse desde o día 11 de setembro de 2024 ata o 20 de xuño de 2025, ambos incluídos.

Os períodos de vacacións escolares no curso académico 2024/25 serán os seguintes:

– Desde o día 23 de decembro de 2024 ata o día 7 de xaneiro de 2025, ambos incluídos.

– Os días 3, 4 e 5 de marzo de 2025.

– Desde o día 14 ata o día 21 de abril de 2025, ambos incluídos.

 

 

E. Infantil

Festa do verán

Hoxe celebramos o primeiro día do verán cunha festa da auga. Desfrutamos salpicando na piscina, baixando polo tobogán, pescando patiños e, sobre todo, dunha ducha quente ao rematar.

O NOSO GRAN UNIVERSO DAS EMOCIÓNS

 

O NOSO GRAN UNIVERSO DAS EMOCIÓNS!

 

Descubrimos e exploramos o gran universo das emocións.

Falamos do que sentimos e as emocións que coñecemos.

 

 

       

 

 

“A primeira e máis simple das emocións que descubrimos na mente humana é a curiosidade.”
Edmund Burke

 

 

 

 

Identificamos o que sentimos e deseñamos o noso propio universo das emocións.

 

                                                   

 

 

 

 

  

 

 

Un universo de moitas cores que evocan todo tipo de sensacións.

 

 

          

 

 

Entender, identificar e xestionar as nosas emocións é moi importante desde moi pequenos e pequenas, para lograr unha adecuada intelixencia emocional.

  

    

 

“Só pódese ensinar a través da alegría. Sen emoción non hai aprendizaxe” Francisco Moura

 

EMOCIÓNS A FLOR DE PEL!

EMOCIÓNS A FLOR DE PEL!

 

Onte tivemos a visita dos nosos amigos do centro AFAGA. Foi precioso o reencontro e aflorar todo o agarimo que desprenden tanto os maiores como os pequenos.
 

 

    

 

 

 

Moitas grazas pola vosa dozura e vémonos pronto amigos e amigas.

 

 

OBRAS DE ARTE COS PÉS

OBRAS DE ARTE COS PÉS 

 

Experimentamos cos pés e gustóunos moito a sensación do contacto da pel coa pintura e o plástico.

Deixamos aflorar a imaxinación e convertémonos en verdadeiros pequenos artistas.

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

TALLER DE LECTOESCRITURA CREATIVA

 

 

Pasámolo moi ben coas propostas de lectoescritura na aula e aprendemos moi rápido.

 

        

 

 

 

 

                
               

 

 

 

         

 

 

    

 

 

 

                            

 

 

 

 

 

 

 

Saida ao Castro

Saída ao Castro

Hoxe, os alumnos e alumnas de infantil e primeiro de primaria saímos a visitar a fortaleza do Castro. Paseamos polos seus camiños, visitamos os seus muros e miradoiros, conducimos polo seu circuíto de educación viaria e, sobre todo, xogamos nos seus parques.

FESTA DOS MAIOS!

FESTA DOS MAIOS!

 

Os nenos e nenas de educación infantil participaron na tradicional festa dos maios, traballando con moita alegría e cor .

Convertéronse en auténticos granxeiros e elaboraron o seu propio maio.

Son uns artistas!

 

 

 

 

 


 

VISITA AO MUSEO DO MAR

Os máis pequenos aprendemos moito na visita ao museo do mar.

Coñecemos fantásticos animales mariños e limpamos o mar entre todos.

Mirade que ben pescamos coa cana!

 

 

Contos pola semana do libro

Para conmemorar a semana do libro, en infantil inventamos o noso propio conto. Empezamos completando os ocos dentro dun texto, e rematamos inventando o noso propio desenlace. Na imaxe poderedes ler o conto coas partes inventadas polas nenas e nenos resaltadas en laranxa.

IOGA NA AULA!!

 

 

Os mércores gozamos moito coas sesións de ioga. Aprendemos as posturas dos animais e axúdanos a relaxarnos.

Mirade que concentrados están os máis pequenos!!!

 

 

 

              

 

 

 

                                          

Powered by Drupal - Design by artinet