Calendario Escolar

ORDE do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

As actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil e de educación primaria realizaranse desde o día 11 de setembro de 2024 ata o 20 de xuño de 2025, ambos incluídos.

Os períodos de vacacións escolares no curso académico 2024/25 serán os seguintes:

– Desde o día 23 de decembro de 2024 ata o día 7 de xaneiro de 2025, ambos incluídos.

– Os días 3, 4 e 5 de marzo de 2025.

– Desde o día 14 ata o día 21 de abril de 2025, ambos incluídos.

 

 

Departamento Orientación

Educación Emocional

DESPEDIDA

DESPEDIRSE sempre ten un aquel de tristura. Non me gustaría que fora unha despedida. Quero que sexa unha promesa de que ides retornar o vindeiro curso. Necesito ao meu equipo, pero tamén te necesito a ti, para seguir a navegar polo universo das emocións. Agora só falta que nesta escola se corra a voz entre o alumnado, os pais e as nais. Estou segura de que ti, que estás lendo esta publicación, tamén vas a axudar a que isto se faga realidade.

 

Chegados a este punto, non quero rematar cunha lección moral; que cada quen me entenda e interprete como estime oportuno. O xogo que comezou o 2º trimestre para sensibilizar á Comunidade Educativa sobre o Plan de Benestar Emocional, chega ao seu fin.

Quero expresar o meu agradecemento aos membros da Comunidade Educativa que vos animastes a ler estas creacións e compartir comigo esta experiencia tan enriquecedora.

Incurriría nunha falsedade se afirmara que me son indiferentes as vosas opinións. Agradaranme as positivas e aprenderei das negativas.

 

Construír o Benestar é o reto que se nos propón: formar á Comunidade Educativa para que as nosas accións contribúan ao Benestar Xeral.

 

Gustaríame rematar pintando na túa cara un sorriso enorme, coma esta sensación de felicidade que teño no corazón por ter colaborado contigo este curso.  

 

 

 

Educación Emocional

TEÑO DÚAS NOTICIAS: UNHA BOA, OUTRA MALA

 

A mala é que na Galaxia da IRA a predisposición á violencia é casi inmediata. A ira abarca todo o rango que vai desde a rabia ata o resentimento leve, inclúe as discusións, negatividade, agresión, violencia, impaciencia, frustración, venganza, indignación, furia, celos, vitimismo, rencor, odio, desprezo, cólera, hostilidade, sarcasmo, repulsión, mezquindad, abuso, confrontación, amargura, obstinación ...estas variantes da ira están ben exemplificadas nas noticias dos telediarios. Hai unha grande cantidade de enerxía na ira; polo que, en realidade, cando estamos irritados ou enfadados podemos sentir moita enerxía.

A boa é que podemos autoxerarnos emocións positivas a pesar de todo: viaxar dunha galaxia a outra! Decidir a que galaxia queremos ir! Elevarnos da constelación das emocións negativas á constelación das emocións positivas!

A Galaxia da ALEGRÍA é unha familia de emocións que inclúe: estar contento, gozo, ilusión, pracer, entusiasmo, diversión, satisfacción, alivio, humor, alborozo, etc. A alegría é unha emoción sinxela e sen complicacións. Case que non necesita regulación; regúlase automaticamente. É importante crear situacións e experimentar momentos de alegría.

 

Mergullarnos nas profundidades do noso interior! Unha viaxe apaixoante!

Educación Emocional

FAGAMOS POSIBLE…

O QUE PARECE IMPOSIBLE!

Las emociones negativas vienen solas. Las positivas te las has de currar”. Gerard, 15 años.

Pasamos la mayor parte del tiempo en estados emocionales neutros, en los que no somos conscientes de que sean estados negativos pero tampoco positivos.

Los impactos emocionales negativos que recibimos son superiores en número e intensidad a los estados emocionales positivos.

Expandirse por el lado positivo es posible (si nos lo proponemos en serio y participamos en hacerlo posible). Las emociones positivas tendremos que buscarlas y no siempre lo vamos a lograr.

El reto está en pasar de estados emocionales neutros a positivos: hacer consciente el BIENESTAR con la participación de la voluntad. Esto es una forma de regulación emocional. Esto es aprender a pasar de unas emociones a otras como una valiosa estrategia para construir el Bienestar.

La regulación emocional puede jugar un papel importante para avanzar en esta dirección”. Rafael Bisquerra, Universo de Emociones. PalauGea.

A miúdo somos inexpertos no mundo interior, no mundo das emocións. Entre todos, fagamos posible o que parece imposible: observa, sinte, experimenta! Unha extraordinaria viaxe ao mundo interior para ter a oportunidade de viaxar da constelación das emocións negativas á constelación das positivas! Aprender a viaxar dunha Galaxia a outra! Precisamos adestramento emocional!

O noso intento merecerá a pena!

 

 


Educación Emocional

NOVOS TEMPOS…

NOVOS RETOS.

Recordades que o 1º paso da IE (Intelixencia Emocional) é tomar conciencia do que me pasa por dentro? Si temos isto claro, podemos seguir adiante.

O 2º paso é a regulación emocional.

O reto que se nos plantexa neste século XXI é como podemos regular as nosas emocións para que se convirtan en fonte de benestar.

A viaxe cara a regulación emocional é transformadora, pero como en calquera viaxe, pode ter obstáculos no camiño que debemos ir coñecendo antes de adentrarnos no control total das emocións.

Aprender a regular as emocións negativas é un factor esencial para o benestar. Hai que facer un duro esforzo para poder aproximarse ás emocións positivas; pero é un esforzo que merece a pena.

 

La toma de conciencia es el paso previo a la regulación emocional. La regulación emocional es la capacidad que tenemos los humanos de alargar unas emociones, acortar otras, intensificarlas, atenuarlas, transformarlas, de tal forma que nuestra respuesta a los estímulos que recibimos del ambiente no sea una respuesta impulsiva, sino que sea una respuesta regulada. Esto es posible, pero requiere entrenamiento” Rafael Bisquerra

 

Convén ter presente que as persoas necesitamos experimentar emocións para sentirnos vivas. O problema radica en que, ás veces, dedicámonos a experimentar emocións que nos producen malestar.

 

Xa sabemos que non vai ser fácil, non vai ser nada fácil. Necesitamos compromiso, entrenamento e ximnasia emocional!

EMOCIÓNS POSITIVAS

UNHA SORPRESA MAIÚSCULA

Absolutamente sobrecolledor! Vaia sorpresa! Fixástesvos que cores máis lindas!Non disimulamos o noso entusiasmo.
A sorpresa pasou á categoría MAIÚSCULA.

O CEIP Plurilingüe Ramón y Cajal é un colexio realmente fermoso e cheo de oportunidades pola grandeza escondida no seu interior.

Aquilo do que vos falaba cando empecei a relatarvos que tiñamos sorpresas preparadas. Chegar a un lugar e sorprenderte...
Sentir emocións positivas! Iso que fai o teu corpo cando te emocionas moito con algo...
Foi o que sentín cando apareceu ante os meus ollos a pintura mural para decorar as paredes do escenario do salón de actos do
CEIP Ramón y Cajal realizada polo artista Pablo Loyola: “o casco vello de Vigo”. Impresionada quedei! Que pasada! Chulísimo!

IMPRESIONANTE! IMPRESIONANTE! IMPRESIONANTE!

 

Atende un momento a isto que che quero contar. Vaites! Non me acabo de afacer á idea de que podemos navegar polo universo das emocións!
Xa sei, xa sei que non é fácil! Non é nada fácil!
Só con saber que estás aí e que me vas acompañar nesta viaxe ao mundo interior xa me sinto moito mellor.
Porque me vas a acompañar, verdade?


 

Esa BELLEZA ENCERRADA en el salón de actos de nuestro colegio es la misma belleza encerrada que existe en cada niña,
en cada niño, solo tenemos que ayudar a que aflore esa grandeza que cada Ser humano lleva dentro.
Lo grandioso escondido en lo pequeño aflora con la ayuda inestimable de la IE.

Saber ver la belleza encerrada; ¡a saber las dificultades que cada niño y cada niña ha tenido que pasar!
Ayudemos a descubrir aquello que está cubierto en nuestros niños y en nuestras niñas”
Pilar.

 

 

Educación Emocional

 

O PODER DO PENSAMENTO POSITIVO NA IE

Os estados mentais positivos aumentan a capacidade de pensar con flexibilidade, facendo máis doado atopar solucións aos problemas, sexan estes intelectuais ou interpersoais. De aquí o poder do pensamento positivo.

Unha visión positiva ou negativa pode deberse ao temperamento innato, sabemos que hai persoas con tendencia natural cara unha ou cara a outra.

Afortunadamente, hoxe sabemos que esa tendencia pode remodelarse; as emocións poden regularse, con adestramento e vontade. Importante: tomar consciencia de que podemos aprender.

 

 

 

El reaprendizaje emocional -una tarea que, ciertamente, no concluye nunca – puede remodelar hasta los hábitos emocionales más profundamente arraigados” Daniel Goleman.

 

Aviso á Comunidade Educativa: temos unha grande sorpresa preparada para vós. Dediquémonos a experimentar emocións positivas cos nosos nenos, coas nosas nenas que son fascinantes!! Vémonos presencialmente o 15 de maio na celebración do día das Letras Galegas. GUAU!PLAS, PLAS, PLAS!

 

 

SABÍAS QUE...

100.000.000.000

 

Sabías que se estima que hai unhas cen mil millóns de neuronas aproximadamente?

Estímase que no Universo hai tamén unhas cen mil millóns de galaxias.

 

Esta curiosa coincidencia numérica es una excusa para proponer un paralelismo entre el universo cósmico y el universo de las emociones que procesamos en el cerebro”. Rafael Bisquerra.

 

O centro da galaxia está ocupado pola emoción básica, seguindo a denominación do libro de Rafael Bisquerra, Universo de emociones, así denominamos algunhas das Galaxias:

Existe a Galaxia do MEDO pero tamén existe a Galaxia da FELICIDADE

Existe a Galaxia da TRISTEZA pero tamén existe a Galaxia da ALEGRÍA

Existe a Galaxia da IRA pero tamén existe a Galaxia do AMOR

Cada forza ten unha contraforza igual e oposta.

Na psique humana cada sentimento ten o seu oposto.

 

Momento clave: a etapa da infancia constitúe unha oportunidade preciosa para inculcar nos rapaces hábitos emocionais construtivos, unha oportunidade crucialpara modelar as súas tendencias emocionais. Os cativos teñen que descubrir que é posible facer frente a estados de ánimo como a ansiedade, o abatimento ou o enfado; e que a transformación dos nosos pensamentos permítenos, en certo modo, transformar os nosos sentimentos.

 

As limitacións que teñen os pequenos co vocabulario emocional poden provocar a sensación de “non sei o que me pasa”. De aí a importancia de mellorar a denominación apropiada das emocións, para podelas regular mellor. A lámina do Universo das emocións, os contos, as charlas, a resolución pacífica de conflitos ... son algúns dos recursos que empregamos para mellorar a competencia emocional do noso alumnado..

Universo de emocións

O RETO DE FACER VISIBLE…

O INVISIBLE.

Velaquí vos presentamos a lámina do UNIVERSO DE EMOCIÓNS, tamaño 100 x 70cm, que imos traballar cos nosos rapaces e rapazas. Un punto de partida para comezar e unha valiosa ferramenta que nos permitirá comprender o mundo das emocións e navegar por el. Unha lámina bella e esteticamente atractiva de gran valor polo seu carácter didáctico.

A intención é facilitar a visualización dunha realidade inmaterial como recurso didáctico para axudar a unha mellor comprensión das emocións. Visualizar o rico mundo dos fenómenos afectivos que experimentamos no noso interior. Comparar as galaxias das emocións co universo cósmico, establecendo un paralelismo.

Confíamos que será un material útil para desenvolver as competencias emocionais do noso alumnado.

Máis de trescentas emocións recollidas neste universo representadas entre positivas e negativas.

 

Adentrarnos no propio universo de emocións! Buscar que nos pasa por dentro e poñerlle nome! Wow!

 

EU APRENDO...EU CAMBIO

EU APRENDO…

EU CAMBIO.

Medo, ansiedade, estrés constitúen emocións negativas que afectan a moitas persoas e son unha das principais causas de malestar.

O medo é a emoción que sentimos ante un perigo real, concreto e inminente que se vive como arrollador. A ansiedade é un medo imaxinario, resultado dos nosos pensamentos. O estrés é un estado emocional que se experimenta cando estamos ante retos e ameazas que consideramos superan os nosos recursos. Estrés e ansiedade teñen moitos elementos en común. Ambos orixínanse polas preocupacións orixinadas pola vida diaria. Distínguese entre estrés positivo (eustrés) que consiste na activación emocional que prepara para resolver situacións problemáticas da vida. O eustrés pode ir aumentando ata un punto óptimo de execución.Superado este punto óptimo entramos en estrés malo (distrés), a medida que aumenta o estrés diminúe a calidade executiva.

A ira e o medo son as dúas emocións que impulsivamente esixen unha resposta máis urxente. Ante estas dúas emocións hai unha impaciencia por actuar. Pasar da impaciencia (próxima á ira) á paciencia (próxima ao amor) é un exemplo de regulación emocional. Fixémonos en que a impaciencia é un estado emocional que nos vén automaticamente, sen buscalo. En cambio, a paciencia é consecuencia da regulación emocional e conséguese con esforzo. A paciencia é unha competencia emocional. Hai que aprender a ser pacientes.

O desarrollo de competencias emocionais pode axudarnos a regular o medo, a ansiedade e o estrés. Podemos intensificar ou atenuar estas emocións. Isto é a regulación emocional.

Concluíndo: aprender a regular as emocións negativas é esencial para construír o Benestar. Si EU aprendo... EU cambio.

Vivir es cambiar, y para perfeccionarse es necesario haber cambiado muchas veces.” JOHN H. NEWMAN

Pst, pst !Aviso importante!

A vindeira semana, coincidindo coa semana do libro, os pequenos de Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria, gozarán dun conta contos narrado pola coordinadora do Plan de Benestar. Seguimos avanzando!

IE

IE

DÚAS LETRAS QUE DEBES RECORDAR

Todas as persoas experimentan emocións continuamente. Cremos que sabemos que son as emocións, pero si nos preguntan que son, é probable que teñamos dificultades para explicalo. Probablemente daremos exemplos de emocións (medo, tristeza, alegría,…). Describir o que nos pasa por dentro cando experimentamos emocións, isto xa é máis difícil.

Para entender o que é unha emoción, o mellor é experimentala. Suxiro que pensedes nalgunha emoción forte que teñades vivido. Isto axuda a entender mellor o que nos pasa por dentro.

Por exemplo, pódome sentir ofendido polo comentario de alguén e notar unha impulsividade a responder de forma violenta. Esta predisposición podemos aprender a regulala de forma adecuada.

Podemos aprender a regular as nosas emocións e dar unha resposta apropiada. Isto é poñer Intelixencia Emocional entre o estímulo que recibimos e a resposta que damos. Isto é IE.

Un mesmo acontecemento pode ser valorado de forma distinta segundo as persoas. Isto pon en evidencia que a emoción non depende do acontecemento en si, senón da forma que temos de valoralo.

A  IE é o camiño!

Powered by Drupal - Design by artinet