Calendario Escolar

ORDE do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

As actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil e de educación primaria realizaranse desde o día 11 de setembro de 2024 ata o 20 de xuño de 2025, ambos incluídos.

Os períodos de vacacións escolares no curso académico 2024/25 serán os seguintes:

– Desde o día 23 de decembro de 2024 ata o día 7 de xaneiro de 2025, ambos incluídos.

– Os días 3, 4 e 5 de marzo de 2025.

– Desde o día 14 ata o día 21 de abril de 2025, ambos incluídos.

 

 

Concluimos a nosa semana do libro

¡ CONCLUIMOS A NOSA SEMANA DO LIBRO !

 

Hoxe os rapaces de infantil disfrutaron do contacontos e taller "Tengo un volcán", dinamizado pala nosa mestra de 4ºEP. 

Unha vez máis, ¡GRACIAS RAQUEL!

 

 

 

E como PECHE FINAL nesta semana tan especial, non puido ser doutra maneira que coa APARICIÓN ESTELAR do noso NINO.

 

 

Na baixada o recreo toda a cativada atopouse a Nino entre os seus fermosísimos fogares cunha carta baixo o brazo.

 

 

 

* Non me gustaría concluir esta publicación sin agradecerlle a Teresa Couso (miña nai) todo o tempo, dedicación e traballo empregado na creación do noso Nino. A cara de ilusión e alegría dos nenos foi tan espléndida como o teu traballo mamá. ¡GRACIAS POR SER UNHA ARTISTA!

Powered by Drupal - Design by artinet