R/ Marqués de Valterra, 8 - 36202 VIGO
R/ Marqués de Valterra, 8 - 36202 VIGO
SOBRE NÓS:
Somos un grupo de pais e nais voluntarios cun obxectivo fundamental que é garantir unha educación de calidade no centro educativos dos nosos fillos e das nosas fillas e representar os intereses dos pais, nais ou titores legais en relación co centro.⠀ ⠀
Somos unha organización que nace da preocupación das familias e da necesidade de intervir, como parte integrante da comunidade educativa, nas decisións que afectan á docencia.
Funcións Prioritarias:
- Asistir e axudar a todos aqueles pais, nais ou titores que así o requiran, en calquera asunto que atinxe á educación e aos dereitos e deberes dos seus fillos ou fillas. ⠀ ⠀
- Colaborar nas diferentes actividades educativas dos centros. Realizar actividades que consoliden o Proxecto Educativo do Centro.
-Impulsar e desenvolver accións formativas que favorezan a participación das familias no centro educativo e nos órganos de goberno.⠀ ⠀
- Promover a participación activa dos pais e nais do alumnado na xestión do centro.
- Tratar e apoiar adecuadamente a aquelas familias que presenten necesidades pedagóxicas ou sociais específicas.⠀ ⠀
-Asistir e axudar aos pais do alumnado que queiran exercer os seus dereitos de intervención en materia de xestión e control dos centros sostidos con fondos públicos.⠀ ⠀
-Promover a calidade na educación impartida.
- Poñer en marcha todos os mecanismos necesarios para facilitar a participación e representación dos pais e nais do alumnado que queira participar no Consello Escolar.⠀ ⠀
- Traballar conxuntamente cá dirección e o profesorado do centro para garantir o seu bo funcionamento.⠀
- Implantar mecanismos que favorezan a convivencia de calidade dentro do centro.⠀ ⠀
Agradecemos o apoio e a confianza depositados en nós, intentamos facelo o mellor posible pero para iso necesitamos a colaboración das familias!!
Podes contactar con nós a través do correo electrónico: anpapicacho@gmail.com para facernos chegar as túas inquedanzas ou preocupacións ou calquera suxerencia....
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
R/ Marqués de Valterra, 8 - 36202 VIGO
Tfno: 886120063
ceip.ramon.cajal@edu.xunta.gal
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |