Calendario Escolar

ORDE do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

As actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil e de educación primaria realizaranse desde o día 11 de setembro de 2024 ata o 20 de xuño de 2025, ambos incluídos.

Os períodos de vacacións escolares no curso académico 2024/25 serán os seguintes:

– Desde o día 23 de decembro de 2024 ata o día 7 de xaneiro de 2025, ambos incluídos.

– Os días 3, 4 e 5 de marzo de 2025.

– Desde o día 14 ata o día 21 de abril de 2025, ambos incluídos.

 

 

AVISOS DO CENTRO

Orde de 4 de xaneiro de 2024 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos.

(...)

 

De acordo co exposto determínanse as seguintes pautas a implantar nos centros educativos, que se identifican como boas prácticas educativas en materia de convivencia escolar:

 

   Nos centros docentes de niveis non universitarios sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que ofrezan algunha das ensinanzas reguladas na lei orgánica educativa en vigor, a prohibición de uso de teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos como mecanismo de comunicación establecida durante os períodos lectivos debe estenderse tamén, con carácter xeral, á totalidade da xornada escolar, incorporando os períodos non lectivos. En consecuencia, non se permitirá durante a xornada escolar o emprego libre destes dispositivos.

    Considéranse aos efectos deste protocolo como períodos non lectivos os seguintes: as entradas e saídas, o tempo de recreo, de comedor escolar e os períodos dedicados ao desenvolvemento de actividades complementarias  e extraescolares.

   Exceptuarase desta restrición o emprego proporcionado e razoable dos dispositivos por cuestións de necesidade médicas ou de outra índole, sempre e cando o motivo estea xustificado da maneira que se considere en cada caso atendidas as circunstancias, e así sexa autorizado pola dirección do centro, ou, de non ser isto posible, polo profesorado.

 

Powered by Drupal - Design by artinet