E. Infantil

FESTA DOS MAIOS!

FESTA DOS MAIOS!

 

Os nenos e nenas de educación infantil participaron na tradicional festa dos maios, traballando con moita alegría e cor .

Convertéronse en auténticos granxeiros e elaboraron o seu propio maio.

Son uns artistas!

 

 

 

 

 


 

VISITA AO MUSEO DO MAR

Os máis pequenos aprendemos moito na visita ao museo do mar.

Coñecemos fantásticos animales mariños e limpamos o mar entre todos.

Mirade que ben pescamos coa cana!

 

 

Contos pola semana do libro

Para conmemorar a semana do libro, en infantil inventamos o noso propio conto. Empezamos completando os ocos dentro dun texto, e rematamos inventando o noso propio desenlace. Na imaxe poderedes ler o conto coas partes inventadas polas nenas e nenos resaltadas en laranxa.

IOGA NA AULA!!

 

 

Os mércores gozamos moito coas sesións de ioga. Aprendemos as posturas dos animais e axúdanos a relaxarnos.

Mirade que concentrados están os máis pequenos!!!

 

 

 

              

 

 

 

                                          

Encántanos a Primavera!

Os máis pequenos traballamos a primavera fóra e dentro da aula. Coidado cos caracois!

                                                                                                      

 

               

                

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Día Mundial da Saúde

O pasado venres festexamos o Día Mundial da Saúde con un mural no que as alumnas e alumnos recoñecen e representan o que necesitamos para estar sans. Os nenos/as recoñeceron a necesidade de descanso, de actividade física, de respirar, de amor, de coidado, de ledicia, de hixiene dental, de coidados médicos e dunha dieta saudable.

Día Mundial dos Dereitos do Consumidor

A semana anterior celebramos o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor mercando nunha tenda de xoguetes dentro da aula. 

Xornal pola semana da prensa

Con motivo da semana da prensa, elaboramos este xornal con novidades que as nenas e menos escolleron da súa actualidade. Esperamos que vos guste!

Powered by Drupal - Design by artinet